![Xerardo Torrado Agulla](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/47f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DE1AC_/_Il61oA_/637ff65a59-foto-xerardo-torrado-agulla.jpg)
Xerardo Torrado Agulla
A grata experiencia dunha nova tempada como socio da "Sociedad Filarmónica"
A música de cámara foi protagonista doutros dos concertos, como o de "Quartet de Vivancos", que nos fixo vibrar co Cuarteto de corda nº 19 en Do maior K.465, "Disonancias", de Mozart entre outras pezas de Schubert ou Schostakovich; ou o Trío "Pedrell" que nos trouxo a Mendelssohn e a Dvořák; o dúo de viola e piano de Isabel Villanueva e François Dumont; ou o "Gara Quartet" que nos trouxo entre outras cousas un dos cuartetos de corda do grande Haydn.
A música sinfónica tamén tivo a súa presenza cun concerto da "Real Filharmonía de Galicia" e outro da "Sinfónica de Galicia". Pero votei en falta a presenza de Beethoven nos seus programas, un compositor que estivo ausente de toda a tempada, a pesar de ser a súa máscara de cera o logo da "Sociedad Filarmónica", deseñado por Castelao. Unha falla que é notable debido a que este ano, como escribía na anterior colaboración, celebrouse o 200 aniversario da súa novena sinfonía. Pero, como se soe dicir, nunca chove a gusto de todos.
A pesar da total ausencia de Beethoven durante toda a tempada, o meu veredito sobre a mesma non pode ser máis positiva, unha vez máis, como en cada unha das tempadas dende que son socio, a "Sociedade Filarmónica" tróuxome intres de pracer estético impagables. Se es amante da música clásica, eres de Pontevedra, e non eres socio da "Sociedade Filarmónica", anímote a que che fagas socio para a seguinte tempada.
O meu lesionado oído recebeu boa música nun intre no cal escoitar música clásica che converte practicamente nun disidente, primando o mal gusto por doquier e cunha sociedade capitalista e unha "cultura de masas" (no senso máis negativo do termo masa) que converteu o produto cultural nun van produto de lecer e de consumo lixo. Un relativismo cultural onde todo é "cuestión de gustos", onde métese no mesmo saco a Beethoven e a Rosalía (non a pianista compostelá, quen entre outras cousas interpretou o "Concerto Emperador" de Beethoven ca "Duisburger Philharmoniker").
Acaba de remata-la tempada e xa voto de menos os concertos da mesma. Velos concertos da seguinte tempada é un motivo para seguir vivindo, aínda que ese ruxido no oído me torture todo o verán, e torturame ate que se decidan a operarme os que cobran para operarme sen facelo (sanidade e educación din… ja ja) ou ate que a Parca se decida levarme. O primeiro pode que non chegue nunca, máis o segundo é inevitable, pido que cando chegue a sen dentes eu esté fóra de España, onde son perseguido a diario, expulsado da administración á cal accedín por concurso, negativas a dar conferencias, secostro da obra científica e negativa a facer comunicacións científicas en congresos, que esté fóra e esté na miña auténtica Patria, Austria, eu amo a Galicia, pero esta non me quere a min. Querido leitor ou leitora, grazas por ler ata aquí. Nunca ser un disidente resultou tan torturador e pracenteiro á vez.