Manuel Alfonso Estévez
Aladino Barros, toda unha vida entregada ao traballo e a música en Pontevedra
Chegou xa a este mundo nas abas do monte Seixo, dunha maneira singular, no 31 de maio, cadrando exactamente coa Feira de Soutelo de Montes, sempre o último mércores de cada mes, Socorro Doporto, nai, camiñando unha hora desde Carballás, en terras de Cerdedo ata Soutelo de Montes, xa no Concello de Forcarei, sendo o regreso igualmente a pe. Nunha ocasión de volta igoalmente día,de feriado ,no eido, despois de comer un bocado, xa era un pouco tarde, foi a procura dun feixe de herba verde para a becerra que ocupaba nunha cuadra a uns 50 metros da casa familiar e chegando, como era un día caloroso, chimpou o pasto para que se enfriara, antes de botarlle a vitela que estaba aparte, intre que se puxo de parto, dando nese instante a luz Aladino, tengo a herba desparramada como berce e con certeza, deste feiro da benvida a integración anos despois no campo e gandería.
O rapaz ía medrando na casa materna, sendo retrado por o Virxilio Viéitez a idade de seis anos, polo mesmo fotógrafo, considerado un dos grandes artistas en branco e negro, feito acontecido a beira dun taxi escuro, unha imaxe que serviría para enviar a Constantino Barros Varela e Isidro Barros Doporto, pai e irmao, emigrantes en Caracas, sede de grandes empresas do país, familiares aos que coñeceu moitos anos despois, nun encontro na Sala de Festas Avenida de Cerdedo. Aladino xa no teclado, tocando na primeira formación musical, Gales de España, cando xa cumprira 20 anos.
O músico, non necesitou sair do entorno natal para convertirse nun grande empresario, actividade que foi forxando sendo ben cativo, realizando varias ocupacións. Dende vender láminas de debuxos polas portas ou mesmo pólizas de seguros, chegando a viaxar por todo o mundo durante a súa vida laboral, disfrutando pouco máis dun mes de vacacións, cando xa pasaran máis de trinta anos e tan só vinte dias en Santo Domingo e quince restantes en Sarria, Lugo
Comezou a estudar acordeón no 1963, con Segunda González Freijeiro, muller de Pepe Poceiro, o da afamada orquestra de Pontevedra, a poucos metros da Ponte de O Burgo e aos once meses, chamaron as portas a academia, uns músicos de Marín, na búsqueda dun acordeonista e logo de probar a nove alumnos, decidíronse polo rapaz de Cerdedo, para integralo no conxunto Gales de España, permanecendo no grupo ata cumprir coas obrigacións militares.
A partir do ingreso na formación musical, iniciou estudos de piano con don Ciriaco Juez Rojas, bilbaíno director da Banda da Escola Naval Militar de Marín, cursando ata quinto ano, examinándose no Conservatorio de Pontevedra, tanto de piano como solfexo, teoría musical e armonía. Do quinto de piano ao octavo, asistía dúas veces á semana en Madrid a clases co profesor coruñés, Rafael Sebastiá.
Incorpórase a filas na capital de España no 1967 e tres meses despois formou o trío "Los Gigantes", no mesmo cuartel, onde coñeceu a Daniel Velazquez co que compartía literas, así como intervencións musicales, no Regimiento de Infantería, Saboya núm 6, o máis antigo da capital de España. No día da Patrona de Infantería, 8 de Dezembro, o músico de tierras de Cotobade, a sombra dos mosteiros deTenorio e Aciveiro, foi presentado nun acto musical polo inesquecible Daniel Velazquez, naqueles días locutor de Radio Popular, interpretando ao acordeón "Ribatejana", marcha portuguesa coa que conseguiu un mes de permiso, fora das abrigas militares. Anos mais tarde, a vida, voltou a xuntar aos artistas, tempo despois no Val Miñor, no Asador Os Abetos de Nigrán. O inesquecible madrileño, afamado cantante Ceferino Feito e Becerro de Bengoa - Daniel Velazquez- e Aladino Barros ao frente do conxunto musical Show Gales de España
O de Carballás, libre das obrigas militares, vinte días despois, chamárono Los Rivers, músicos da Banda Escola Naval Militar e cando chegou aos oídos do baixista de Os Gales de España, mestre nacional, insistiulle que retornara ao grupo para substituír a un portugués que tocaba o acordeón.
Aladino, non estaba moi conforme, dado que si regresaba había que ensaiar moito máis, mínimo tres días semanalmente. Sexa como for, reincorporouse substituíndo a Xaime González Viceiro, nas funcións de director da formación musical, impoñendo a partir desa data, sancións aos que incumpriran as normas. Aos dous meses resistiu só o guitarrista e cantante, Tomás Abreu Mouco, agregando componentes da súa idade. Enrique Esperón Sobral, batería que infelizmente faleceu no ano 1979, desfacendose o grupo por esa causa; Félix Rial Quintillán, baixista; Antonio Castro, trompeta e cantante; Carlos Froiz Planes, guitarra e voz, os tres de Poio; e o saxo, Xosé Fernández Leiro.
Foron os primeiros en ter "afiches" postales a cores, que sairon do Estudio Pérez de León en Madrid.
Esixian as Comisions de Festas, un palco de 10 metros de longo por 6 de fondo, cubierto e no fondo sabana, así como unha escaleira alta de tixeira para colocar o proxector no medio do recinto e un poste como os da luz. Se a Comisión non cumpría os requisitos, os músicos non subían o palco.
O director da formación, Aladino Barros, comezou no ano 1963 cun organo Farfisa Minic Compac que lle costara 87.OOO pesetas, estrenado na Sala Palma, de Ardán, ainda con chan de terra.
No 1966 cambia por un Farfisa Compac duo, dous teclados, tocando con el a primera vez no Casino de Marín, instrumento polo que pagara 142.000 pesetas. No 1999, un Hanmond, modelo L122 e Leslie 760 N, polo que desembolsou 400.000 pesetas, estrenado na Sala Miramar de Redondela o mesmo día que compartían escenario coas Irmans Benítez.
Amplificación no inicio Semprini, que substituiría dous anos máis tarde por Altec Lansing igoal que un equipo de luces.
A formación presentábase ao público con Eloise, unha canción cantada por Barry Ryan, escrita polo seu irmán xemelgo Paul e moi sonada na voz de Tino Casal. «Black is black, I want my baby back/ It’s grey, it’s grey, since she went away, oh oh/ What can I do, ‘cause I, I’m feelin’ blue/ If I had my way, she’d be here today…»., outro tema de Os Bravos, podíase escoitar en calquera verbena ou salas de festas, onde eles subían ao escenario, así como cancións Todo tiene su fin, El gato que está triste y azul, Un beso y una flor e mesmo Airiños, airiños aires que tiñan que repetir e moitas ocasións.
Días antes do malogrado accidente de Nino Bravo compartiran palco no Xardín Club de Vigo e coincidencias con Cristina y Los Stop na sala As Airas de Carballo; Irmáns Benítez, na Miramar de Redondela; Os Pecos en Negreira; Juan Bau, Montouto; Manolo Escobar, Sala Yenka de Caldas de Reis; Hermanos Calatrava, Montesol, As Neves; Antonio Machín, na piscina de Sanxenxo; Os Sírex sala Teucro en Pontevedra; Mari Trini, A Ramallosa 2000 Nigrán; Jeannete, sala Peña de San Xurxo de Sacos; Basilio en Xardín Club; Módulos en Vilanova de Arousa, sala Hermida 5000.
Foi no Xardín Club de Vigo onde coñeceu a María Esperanza García Pereira no ano 1972 a que se uniu para compartir amor e traballo en diversas empresas. Hoxe continua gozando da música e doutros negocios que ten que ver co entorno natural e a paisaxe, tanto na Boa Vila como no seu berce de Carballás en Cerdedo, ese territorio de Terra de Montes que pariu personaxes que levaron a música e as artes alén mar, Avelino Cachafeiro, Virxilio Viéitez, Chano Piñeiro, Ricardo Portela, Antón Fraguas e mesmo Xosé Luis Barreiro a inesquecible escritora Nélida Piñón, onde se formaran igoalmente as Bandas de Música, Lavandeira e de Beni
Este ano, 2024 no Nadal, cumple 50 anos a Empresa AlbaSolomúsica, a firma de instrumentos musicales en xeral, que arrancara medio século atrás na cidade de Pontevedra, especializada en pianos, dos cuales leva vendidos más de 5.000 na súa traxectoria, inclusive da Compañía de fabricación que fundara Julius Gustav Feurich en 1851, do que posue un valorado en 73.000 euros patente, no establecemento da rua Gonzalo Gallas, igualmente pódese apreciar outra xoia, un violín fabricado en 1706, por Matias Albanus que pertenceu o fillo do maestro de Tirol.
Orquestas galegas e asturianas afamadas, entre elas Sintonía de Vigo, Gran Parada, París de Noia, Estrellas Azules, Brasil, Chicos de Jazz, Gallegos, Seixos, Palma de Corcubión, Microns, Arquinos, Brindys, Gran Casino, Poceiro, Estelares, Magos de España, Florida, Chicos de Jazz, Los Duendes, Orquesta Compostela, Los Satelites, Los Cunters, Saudade73, Luis Queimada, Lados,Los Nocturnos, Jokeys de Candean ou mesmo o Grupo Mini Pop de Oporto, entre otras moitas formacións galegas e asturianas, compartían palcos de Festas ou escenarios en Discotecas de toda Galicia e asiduos clientes da Casa fundada en datas navideñas que acaba de cumplir medio século, onde Aladino Barros continua en activo co que máis lle gusta, a música.
Estraños en la noche, Grande, grande, grande, Si no te hubieras ido, Angelitos negros, son entre outras moitas composicións que toca sentado diante dun piano Medeli, durante a semana na firma AlbaSolomúsica SA, na rua Gonzalo Gallas, esquina Gerardo Álvarez Limeses, na Boa Vila, empresa que fundara hai casi medio século, 24 de decembro de 1974, máis antes, a vida de Aladino Barros Doporto, non foi doado.