Tribuna Viva
Un petróglifo máis no Monte Xiabre
Confirmase unha vez mais o valor patrimonial e paisaxistico do monte Xiabre coa publicidade que damos a un gravado rupestre situada na CHAN DO CANDON monte veciñal en man común de Paradela parroquia de Bemil, Caldas de Reis.
Tratase dun afloramento situado na ladeira do monte formado por varias pedras sobresaintes e irregulares entre as que chama a atención unha pedra a ras do chan con unha combinación de tres círculos concéntricos e algunha cobiña.
Como acontece en outros casos tratase dun conxunto sobradamente coñecido por algún veciño ata que o dan a coñecer para a sua identificación e catalogación.
Foi un veciño de Caldas Manuel Cascallar Garcia quen deu conta xa fai tempo da sua existencia o Alcalde sin que nos conste se preocupara o concello de facer xestións para a sua identificación e comunicación a Conselleria de Cultura.
Dende a Asociacion UMIA VIVO limitamonos unha vez mais a dar publicidade o xacemento e dirixirnos a Conselleria de Cultura poñendo de manifesto o estado do conxunto e a necesidade urxente de catalogalo sinalizalo o xestionar a biomasa, o conxunto esta rodeado de toxo, para evitar danos en caso de incendios ou danos involuntarios por deceñecemento como os que aconteceron recentemente en dous petroglifos XIABRE 2 e SOBREIRAS POUSO COBO 8 en monte da parroquia de Cea concello de Vilagarcia coa construcción de 2 tobos para os conexos.
Coa tramitación da alta e a difusión do gravado rupestre temos un motivo mais para exercer o dereito o patrimonio cultural combatendo deixacion e ameazas o patrimonio arqueolóxico situado no monte Xiabre.
Xesús Rodriguez, presidente Asociacion UMIA VIVO