Antón Roel Villanueva
A Moda Ideal
VELAI VAI un anaco da historia da cidade, era como un museo do textil na cidade, no tempo que os domingos eran pasear nos días de choiva de arriba abaixo polas galerías da OLIVA ou polos soportais da FERRERÍA cando penduradas nas columnas de pedra ollabamos as cartelerias do cines, cambeabamos as novelas de indios e vaqueiros no quiosco do COXO, co recendo das amendoas garrapiñadas e mázas de caramelo do quiosco de PAPIRIS que amortizaba un chicos o cheiro da CELULOSA, no tempo que os soportais e as galerías eran a pasarela de moda da cidade.
Todos os pontevedreses entramos nalgún intre das nosas vidas, cas nosas nais a mercar telas na MODA IDEAL. Era como entrar nunha biblioteca, soio que de telas, co recendo a algodón e bolas de alcanfor. Agora nestas datas do antroido, os cativos daquela, sempre nos parábamos na tenda de ultramarinos de BELEDO que no escaparate sempre puña unha cacheira de porco cuns anteollos e na MODA IDEAL coas telas de PABLO CARRO, o dependente entrañabel de toda a vida, que sempre facia uns escaparates moi vistosos con motivos do antroido no tempo que na praza da FERRERIA florecían os camelios, e no GAFOS e no LEREZ; os narcisos.
A derradeira vez que entrei na MODA IDEAL foi xa fai anos nun antroido que na FRANCA IRMANDADE no enterro do loro RAVACHOL, decidimos levar todos boina. No único lugar onde as atopamos na cidade foi na Moda Ideal e foi como retroceder no tempo. Todo seguía igual que cando da man da miña nai asombrábame cando os empregrados viñan con aquelas feixes de telas ao lombo, e cómo si de malabaristas se tratase, deslizaban as pezas sobre o mostrador, e cómo si fosen magos, a peza desenvolvíase uns metros, para mirala en toda a su amplitude... e iso, faciano con gran rápidez e axilidade. Logo, elexido o pano, os median no mostrador de madeira que tiña a marca dos cen centrímetros impresa, para despois cortala con grandes tesoiras. Lémbrome de ollar como o dono, un señor maior, con unha vasoira barria o chan de madeira. Despois na zapateria de FELIPE ou CERRA mercábamos as botas de GORILA que durarian varios invernos e pasaban dun irman a outro... A nos gostábamos esa marca, porque ao mercalas regalabannos unhas pelotas verdes de goma maciza, que utilizábamos para xogar ao fútbol na Praza do Teucro cos bancos de pedra facendo de porterias.
As lapas dun voraz lume acabaron cun tesouro de valor sentimental e material incalculable da cidade. O comercio de toda a vida que sempre tiñas un empregado ou empregada coñecido que todalas familias sabian que non ian enganalas cando as tendas do diario eran ao fiado.
Xa a noite era oscura e alguén apagou as estrelas, como decia a nosa poeta ROSALIA de CASTRO, "TRISTE EO CANTAR QUE CANTAMOS" ... "pero que imos facer sí outro millor non hai".