No ámbito cultural, o 2022 pasará á historia como o ano en que o antigo convento de Santa Clara se convertía no sétimo edificio do Museo de Pontevedra.
A finais de 2021, o Concello de Pontevedra, propietario do recinto, decidiira ceder o inmoble á Deputación Provincial coa intención de que se estableza un uso público dos xardíns e a hora do convento.
A decisión foi aprobada definitivamente no pleno provincial do 21 de decembro deste 2022. Dous meses antes, Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, tamén confirmaba o interese da administración autonómica na rehabilitación de Santa Clara: "Non nos queremos quedar fóra", indicou o presidente do executivo galego ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante un encontro institucional.
Un dos primeiros pasos que se abordará, tras a firma do convenio de cesión, céntrase na convocatoria, segundo explicaron Carmela Silva e César Mosquera, presidenta e vicepresidente provinciais, dun concurso internacional de ideas para a reforma, aberto a arquitectos de todo o mundo, para escoller a proposta máis adecuada para afrontar a custosa rehabilitación do convento, sen descartar a opción de que inclúa un restaurante.
Desde inicios do ano, a dirección del Museo xa se marcaba como obxectivo ter o proxecto para reformar todas as instalacións e para iso foron desenvolvéndose estudos para analizar a súa evolución ao longo dos anos dun espazo que continúa chamando a atención de pontevedreses e visitantes, que esgotaban en cada convocatoria as reservas para realizar visitas, naglúns casos guiadas, ao recinto.
O primeiro evento público en Santa Clara foi a través de Urbtopías cunha conferencia adianto da Placemaking Week na antiga capela, que se converteu nun escenario de eventos culturais con acontecementos como as actuacións de 'Híbridas en Santa Clara', coa recuperación musical do órgano ou a proposta de ver cinema mudo con música interpretada en directo.
Ao mesmo tempo facíanse achados coa limpeza dos espazos que ofrecían unha visión da distribución interior e sobre as riquezas dos xardíns e terreos nunha exploración botánica de Santa Clara, que amosou a presenza de vinte maceiras, un buxo de grandes dimensións, secuoias ou kiwis, entre outras especies. Pero, ademais, o equipo de investigación da Misión Biolóxica identificaba ata 163 pés de viña.
A estos descubrimentos naturais tamén se sumaba a aparición de máis de dous mil restos e pavimentos durante só a primeira semana de traballos arqueolóxicos. Entre as sorpresas das escavacións chamaba a atención a aparición de enterramentos en diversas zonas do recinto conventual. Nos traballos de exploración tamén se atopaba un anel de ouro de, alomenos, 500 anos de antigüidade.
Todos estes análise achegaron á cidadanía numerosos segredos da vida diaria das clarisas ao longo dos seus 750 anos no convento, cápsula illada do resto da sociedade. Así se observou que a maioría das monxas procedía de familias nobres e mesmo bebían chocolate no século XVI; que sufrían anorexia e problemas de ósos por pregar moito; e que ata realizaban interpretacións do tribunal da Inquisición para aplicar castigos internos.
De cara ao futuro, César Mosquera, vicepresidente da Deputación Provincial, anunciaba que un estudo xeotécnico revisará as patoloxías que presenta a estrutura para decidir que elementos arquitectónicos deben manterse, cales reforzar e aqueles que, polo seu mal estado e carencia de valor, poden derrubarse.
Este ano también se anunciaba que a apertura dos xardíns convenutais á cidade vai realizarse por Barcelos e tamén pola rúa Santa Clara, xardíns nos que permanecían balóns desde hai anos e que foron recuperados e entregados a algúns dos seus propietarios nun acto simbólico de integración deste espazo histórico aos nosos días.
O 3 de xaneiro de 2023 o Concello entregará o convento de Santa Clara á Deputación de Pontevedra para que se faga efectiva esa incorporación ao Museo Provincial.