O carbón que o persoal dos Puntos de Atención Continuada (PAC) pedía aos Reis Magos para a xerencia a principios de ano producía efecto e o equipo directivo da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, liderado por José Ramón Gómez, era destituído a mediados de 2022 cando se rexistraba un clima de tensión laboral permanente e un continuo número de queixas cidadás, políticas e sindicais sobre a xestión desenvolvida nesta zona sanitaria.
EVOLUCIÓN DA COVID-19
O ano comezaba cunha nova vaga de contaxios por covid-19 coa presenza da variante Ómicrom, que continuaba provocando falecementos, principalmente entre pacientes con outras enfermidades previas e de avanzada idade. Se 2021 concluía con 229 vítimas como consecuencia do virus, este 2022 eleva a cifra a 350 mortes a finais de decembro nos distritos sanitarios de Pontevedra-O Salnés contabilizados desde o inicio da pandemia, segundo os datos facilitados polo SERGAS.
PRESIÓN NOS SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Esta situación de incremento de casos provocaba tamén un aumento da tensión na maioría de centros sanitarios das Rías Baixas debido á presión que se detectaba nos servizos de Atención Primaria con incidencias en diversos PAC, entre eles o da Parda cando un só médico de garda tivo que atender a 106 pacientes, ou con falta de médicos en centros de saúde como o do Grove. O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra figuraba, no principio do ano, como o cuarto espazo sanitario galego con máis denuncias efectuadas a través do Defensor do Paciente. Fronte a estes datos, desde o SERGAS asegurábase que o Centro de Saúde da Parda resolvía o 99% das chamadas perdidas cun tempo máximo de resposta de dúas horas.
DEMANDAS DO PERSOAL SANITARIO
A iso sumábanse as protestas sindicais denunciando o "bloqueo" por parte da xerencia ás demandas dos representantes do persoal ata o punto de demandar, personalmente, ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a súa mediación no conflito. Ante a falta de medidas, varios sindicatos rompían as relacións co equipo directivo despois de dous anos que consideraban "insoportables". Ao longo do mes de marzo e durante o resto do ano, o conflito tamén se espallaba ás ambulancias do servizo programado e intrahospitalario debido á falta de medios.
Días máis tarde, no mes de abril, a Consellería de Sanidade anunciaba que trece centros de saúde da área de Pontevedra-O Salnés reforzaríanse con 21 das 106 prazas de médico de familia que ía convocar a Xunta.
No medio deste ambiente, a normalidade no día a día fronte á covid-19 íase asentando co adeus ás máscaras protectoras en espazos interiores, agás en centros sanitarios, residencias de maiores e medios de transporte público.
NA PROCURA DE MÉDICOS
Coa chegada do verán e a falta de facultativos, xorde unha nova polémica por mor da proposta de Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, de ofrecer vivendas gratis como cebo de atracción para médicos que queiran traballar durante o verán na vila turística. A proposta é asinada o 25 de maio por José Flores, daquela xerente do SERGAS, e apoiada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao asegurar que "todo o que contribúa a aumentar profesionais é benvido". Pola contra, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo cualifica de "mofa" a medida.
Profesionais de Enfermería afirman que o ritmo de traballo resulta imparable e médicos de urxencias alertan das complicacións tras a pandemia coa aparición de "pacientes máis complexos". Con motivo deste estrés permanente nos centros sanitarios rexístranse casos de incidentes e agresións de pacientes e acompañantes ao personal sanitario e vixilantes, que reclaman máis seguridade nos hospitais.
Como é habitual na área, nos meses de xuño e xullo repetíronse as situacións de falta de camas, que oblrigaron os pacientes a permanecer en zonas de Urxencias á espera de espazo en planta nun escenario que os sindicatos consideran un "caos". El SERGAS decide anular cirurxías "demorables" co obxectivo de estabilizar a atención hospitalaria.
Ao mesmo tempo, sucédense as protestas cidadás na rúa, cunha concentración en Raxó (Poio) para requerir persoal médico durante o verán e diferentes actos de protesta en Ponte Caldelas, en Sanxenxo e en Moraña. A Plataforma SOS Sanidade Pública tamén alertaba de que a falta de persoal sanitario e a sobrecarga de traballo que se detectaba en numeros servizos provocaba "erros" nos diagnósticos mentres se promovía a recollida de sinaturas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular para que se debata no Parlamento de Galicia a defensa da Atención Primaria.
CAMBIO NA XERENCIA
Fronte a este panorama de tensión, o SERGAS anunciaba unha substitución demandada na área sanitaria, que se materializaba o 4 de agosto cando o conselleiro Julio García Comesaña anunciaba en Montecelo aos xefes de servizo e a representantes da xunta de persoal o cambio na dirección da xerencia. José Flores Arias, ata ese momento xerente do SERGAS, asumía o cargo de José Ramón Gómez.
O novo máximo representante da área sanitaria, en todo caso, xa anunciaba que a falta de facultativos, un dos principais problemas aos que se enfronta, "só podrá resolverse a medio prazo" escusándose nas competencias que corresponden ao Ministerio de Sanidade. Fronte a isto, nos Puntos de Atención Continuada mantíñanse con fins de semana sen presenza de médicos en centros como Caldas, Sanxenxo, Cambados e O Grove ou durante a semana en centros de saúde como o pontevedrés de Virxe Peregrina ante a desesperación dos pacientes.
Ante esta situación adoptáronse iniciativas como a adoptada no Concello de Caldas onde o goberno local decidiu facerse cargo dos gastos adicionais derivados da asistencia sanitaria básica para as persoas máis vulnerables a través de consultas privadas, debido á falta de facultativos no centro de saúde público domunicipio.
PROTESTAS MASIVAS NA RÚA
No último trimestre do ano, as protestas seguiron trasladándose ás rúas con numerosos actos en Pontevedra; en Caldas; O Grove; Moraña; Vilagarcía de Arousa; en el centro de salud de Baltar en Sanxenxo, que quedará sen pediatra; Marín; Campo Lameiro; Cerdedo-Cotobade ou Poio.
Algúns anuncios realizados por José Flores en relación ao funcionamento e dotacións nos PAC provocaron reaccións no Consello Galego de Colexios Médicos de Galicia ao entender que é "unha temeridade" deixar estes Puntos de Atención só con presenza de persoal de enfermería.
Precisamente producíase algunha incidencia entre profesionais de enfermería como a sucedida no PAC de Marín en novembro.
"Ineficacia, falta de seriedade, plans que no se cumpren" son algunhas das críticas efectuadas polo Colexio de Médicos de Pontevedra á Consellería de Sanidade nun período de discrepancias entre os representantes médicos e o departamento que dirixe García Comesaña, cando se abre un debate sobre la reestruturación de centros de saúde na área sanitaria. O ano pechou coa decisión de Isidro Lago de dimitir como presidente do Consello do Colexio de Médicos manifestando que "existen dúas realidades, as que ve o conselleiro e o seu equipo, e a realidade que percibimos os médicos e pacientes".
FUTURO
2022 queda marcado por unha preocupación en aumento sobre a situación da Atención Primaria pero tamén deixa boas noticias co recoñecemento ao traballo que se desenvolve en determinados servizos como Dermatoloxía e Dixestivo ou o Ambulatorio Virxe Peregrina, que recibiron os premios Best in Class.
Mentres, as obras do Gran Montecelo avanzan á espera de que poidan estar finalizadas cando conclúa o vindeiro 2023.