José Chas inaugura no Pazo a mostra "Memoria industrial en Galicia"
Que a riqueza do patrimonio industrial galego "deixe de ser invisible". É o obxectivo da mostra fotográfica titulada Memoria industrial en Galicia, un traballo no que o fotógrafo pontevedrés José Chas leva traballando desde hai moitos anos. A exposición, que foi inaugurada este xoves no Pazo da Cultura, recolle vinte imaxes de fábricas abandonadas, realizadas entre os anos 2012 e 2018, nas catro provincias galegas
© Mónica Patxot