Exposición "Sopros de Nadal", adornos de vidro soprado e pintado no Museo de Pontevedra
Anxiños, animais de todo tipo, bolas decoradas, bonecos de neve, estrelas, figuras de Papá Noel ou virxes. Son algúns dos máis de 400 adornos de Nadal elaborados en vidro soprado e pintado que compoñen a mostra Sopros de Nadal. Poderase visitar ata o 12 de xaneiro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Forman parte da colección privada dunha muller pontevedresa que os cedeu desinteresadamente para a súa exposición