O taekwondo, protagonista en Pontevedra ata o luns co Campionato de España de clubs
O taekwondo, protagonista en Pontevedra ata o luns co Campionato de España de clubs
Non podía comezar mellor o Campionato de España de clubs de taekwondo. Non só nas bancadas, onde se rexistrou un magnífico ambiente. Tamén na pista, porque o club anfitrión, o Mace Sport, logrou o título de campión de España de técnica na categoría infantil. Foi o perfecto inicio para un torneo que está a converter a Pontevedra na capital nacional deste deporte durante estes catro días
© Mónica Patxot