Tino Fernández estudará unha nova ubicación para o mercado da feira ambulante

Por Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada

© PontevedraViva

© PSOE
Tino Fernández, candidato do Partido Socialista á alcaldía, considera que o mercado ambulante é un elemento importante para a dinamización económica. Este sábado percorría a zona de venda na contorna do Recinto Feiral e afirmaba que está disposto a estudar as opcións para o traslado desta actividade a outro punto da cidade. Os vendedores ambulantes han manifestado recentemente o seu interese en trasladarse a Campolongo.
O candidato socialista mostrouse partidario de dinamizar esta feira ambulante e mesmo ampliala porque sinalou que hai un número importante de postos vacantes.
Durante esta xornada, os representantes socialistas tamén instalaron unha carpa na praza de Ourense. Alí explicaron as medidas que queren levar a cabo en materia de economía co obxectivo de adaptar a fiscalidade á necesidade do sector empresarial.
Neste sentido, Tino Fernández anunciou que é necesario simplificar trámites administrativos e suprimir algunha taxa como a de apertura de establecementos, que actualmente conta cun procedemento "confuso", explicou.
Tamén se mostrou partidario de adoptar medidas directas para o fomento do emprego como a de establecer axudas para a contratación a aquelas empresas que non despediran durante o último ano ou medidas para axudar ao pago de alugueres para os novos emprendedores.
Na carpa da praza de Ourense tamén se deron cita algunhas persoas portando chalecos co distintivo Ence Si e permaneceron nos arredores da instalación socialista durante a tarde sen que se rexistraran incidentes.
Tino Fernández visita o mercado ambulante no Recinto Feiral
O candidato socialista á alcaldía afirma que estudará outros posibles espazos para a instalación do mercado da feira ambulante
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
A celebración da feira ambulante en Campolongo reafirma a idea de que o centro da cidade sería o seu "sitio ideal"
Por Diego Espiño |
-
O PSOE impulsará bonificacións fiscais para os que utilicen enerxías renovables
Por Redacción |
-
78.000 pasos e moita lambetada para dar a coñecer a mensaxe socialista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PSOE aposta por ampliar o modelo urbano cun deseño en 'supermazás' que empezaría pola zona Leste
Por Natalia Puga |
-
O PSOE propón que sexa posible chegar a Montecelo ou o Hospital Provincial sen 'lombos' nin pivotes
Por Natalia Puga |