O PSOE impulsará bonificacións fiscais para os que utilicen enerxías renovables

Por Redacción
Ata un 50% no IAE a aquelas empresas que utilicen enerxías renovables, un 15% no IBI para as vivendas que instalen sistemas de enerxía solar ou ata un 75% na viñeta para os automóbiles que empreguen motores de baixas emisións, híbridos ou eléctricos. Son as propostas de bonificación fiscal que incluíu o PSOE no seu programa electoral.
Con estas medidas, os socialistas pretenden impulsar en Pontevedra as fontes enerxéticas de orixe natural non suxeitas a esgotamento como sol, vento, auga e calor da terra, entre outras.
Para o candidato do PSOE á Alcaldía, Tino Fernández, o coidado medioambiental é unha "prioridade" e considera que a adopción de medidas fiscais é un "bo xeito" de fomentar o uso de enerxías renovables, así como a mobilidade eléctrica ou de baixas emisións.
O programa fiscal dos socialistas, no que colaborou Héctor Santaló, membro da candidatura e xefe do servizo de Inspección Tributaria do Concello de Pontevedra, contempla deducións de entre un 50 e un 95% no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) para aquelas edificacións nas que se observe o aproveitamento da enerxía solar.
Fernández engadiu que o comercio tradicional de Pontevedra tamén debe implicarse nun proxecto de sostibilidade e de "loita contra o cambio climático".
Tendo en conta o "grande impacto" que este sector ten no espazo urbano, segundo o socialista, o seu partido apostará por poñer en marcha unha estratexia propia para o comercio, onde se incluirían axudas para adecuar as instalacións cara a sostibilidade ambiental.
Relacionadas:
-
O PSOE tira de enxeño e de 'vesTino': "Non temos café nin cómics, só ideas para Pontevedra"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Tino Fernández estudará unha nova ubicación para o mercado da feira ambulante
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
78.000 pasos e moita lambetada para dar a coñecer a mensaxe socialista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PSOE aposta por ampliar o modelo urbano cun deseño en 'supermazás' que empezaría pola zona Leste
Por Natalia Puga |
-
O PSOE propón que sexa posible chegar a Montecelo ou o Hospital Provincial sen 'lombos' nin pivotes
Por Natalia Puga |