A celebración da feira ambulante en Campolongo reafirma a idea de que o centro da cidade sería o seu "sitio ideal"
Por Diego Espiño
A zona de Campolongo volveu a acoller este sábado a tradicional feira ambulante, que afai instalarse en Rafael Areses pero que nesta ocasión cambiou de localización pola disputa do Campionato de España Sprint de tríatlon.
Non é a primeira vez que isto ocorre, e o certo é que a mudanza provisional "axúdanos a afondar na nosa idea que o sitio ideal para a feira ambulante é o centro da cidade", recoñece a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.
A edil pontevedresa mostrouse satisfeita do resultado da feira en Campolongo, xa que segundo os feirantes viviuse unha maior asistencia que en xornadas anteriores.
Nesta ocasión instaláronse 38 postos debido a que segundo Blanco "hai algúns que durante os meses de verán non adoitan a poñer o posto".
En todo caso, na situación actual coa pandemia de Covid-19, non está claro que Campolongo poida acoller de maneira estable a feira porque "é certo que se todos os postos se colocan tal e como están as medidas agora co Covid sería complicado", recoñeceu a concelleira.
Relacionadas:
-
A feira ambulante do sábado seguirá na rúa Rafael Areses
Por Redacción |
-
O mercado ambulante trasládase este sábado a Campolongo pola celebración do Campionato de España de Tríatlon Sprint
Por Redacción |
-
O primeiro día da feira ambulante tras o estado de alarma desenvolveuse "con total tranquilidade"
Por Almu Dapena |
-
Tino Fernández estudará unha nova ubicación para o mercado da feira ambulante
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O Concello, disposto a estudar o regreso do mercadiño ao centro da cidade
Por Alejandro Espiño |