O PP comprométese a traballar para mellorar a "excelencia" dos mercados galegos
Por Redacción
Unha trintena de artesáns, persoal das prazas de abastos e representantes do comercio local da cidade acudiron á chamada do Partido Popular, que este xoves celebrou un acto sectorial sobre este ámbito de actividade, no que participaron a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez.
Ambas sinalaron o compromiso do PPdeG para impulsar o sector comercial galego "cara a excelencia mundial". Neste sentido, Nava Castro -número 9 da candidatura pola provincia de Pontevedra- destacou a necesidade de potenciar os mercados de abastos porque son as "locomotoras" do comercio.
Neste sentido, Nava Castro recalcou "a nosa aposta por dinamizar os mercados excelentes". Así dos 103 mercados existentes, os populares queren converter "polo menos 20" en centros de excelencia, para salientar a calidade dos seus produtos e potenciar o comercio e a artesanía que existe en Galicia.
A Xunta de Galicia leva destinados, recordaron, máis de 82 millóns de euros en beneficio do comercio de proximidade e as prazas de abastos.
"Imos seguir adiante coa dinamización dos centro comerciais abertos e aproveitar os baixos comerciais baleiros incentivando aos emprendedores", destacou a candidata número 9 pola provincia de Pontevedra quen aposta por "impulsar tamén a nosa artesanía, que permite falar de Galicia dun xeito diferente".
Relacionadas:
-
Pablo Casado contrapón a "centralidad y moderación" de Feijóo coa "radicalidad" do resto de candidatos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rueda destaca que o PP só fala "de lo que va a pasar en Galicia y no de otra cosa"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pon en valor os investimentos do goberno de Feijóo na comarca do Salnés
Por Redacción |
-
O Gran Montecelo, o "compromiso irrenunciable" do PPdeG
Por Redacción |
-
Beatriz Mato reitera en Lourizán que o saneamento da ría é "prioritario" para o PP
Por Redacción |
-
Cospedal, de campaña en Poio e Bueu: reitera que en Galicia "no podemos permitirnos un bloqueo"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Cospedal rodéase de mulleres en Caldas para advertir do perigo de deixar Galicia a quen trae "inestabilidad"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |