A familia Domínguez vendeu o seu hospital ao grupo Quirónsalud
Por Redacción
2015 será un ano marcado nos anais da sanidade privada de Pontevedra. O 19 de outubro PontevedraViva adiantaba en primicia a venda do Hospital Domínguez a Quirónsalud. Desta forma terminaba a traxectoria empresarial que comezara en 1949 co primeiro Sanatorio Domínguez nesta capital.
A transacción supuxo a integración no grupo líder de servizos sanitarios en España da Clínica Médica La Merced de Poio, o Policlínico Miguel Domínguez da rúa Castelao e o Centro de Rehabilitación e Fisioterapia da rúa San Pedro Alcántara, ademais dos seus preto de 350 profesionais.
O mesmo día en que PontevedraViva fíxose eco da operación, a familia Domínguez -representada por Miguel e Rafael-, comparecía ante os medios de comunicación para ofrecer detalles das negociacións mantidas durante meses e explicar o por que da decisión. Miguel Domínguez afirmou que houbo unha suma de razóns que confluían nunha: garantir a súa continuidade.
Naquela convocatoria, notoriamente emotiva, tamén estiveron presentes decenas de traballadores. Un persoal para o que os ex propietarios do grupo sanitario tiveron palabras de eloxio e agradecemento.
Relacionadas:
-
Rafael Domínguez Vaz, referente na cirurxía de xeonllo, retoma a actividade médica en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Mar Vélez, nova directora asistencial do Hospital Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
A familia Domínguez vendeu o hospital para garantir a súa continuidade: "No queríamos presenciar su decadencia"
Por Natalia Puga |
-
Quirónsalud compra o Hospital Domínguez
Por Alejandro Espiño |