Compromiso propón desprazar a autovía de Marín cara os terreos de ENCE e construír un gran paseo verde
Por Redacción
A recuperación da franxa litoral entre Pontevedra e Marín está a protagonizar estes días os actos da práctica totalidade dos partidos que se presentan ás eleccións o 24-M en Ponteveda. Este sábado acudiu á zona a candidata de Compromiso por Galicia, Pilar Dopazo, que se amosou crítica coas diferentes propostas realizadas ata agora por PP, BNG e PSdeG.
Compromiso por Galicia entende que Pontevedra "non pode seguir desordenada, sen Plan de Urbanismo e vivindo de costas ao mar e ao rio" e para traballar nesa liña propoñen que a recuperación da franxa litoral e o achegamento harmónico entre Pontevedra e Marín sexan dous obxectivos primordiais dos vindeiros anos.
Dopazo considera que as propostas neste tema de BNG e PP son "agresivas coa ría e de mala calidade" mentres que a idea do PSOE é "absurda e triste", polo que presenta á cidadanía unha proposta que ademais de respectuosa co medio ambiente do mar, abriría o camiño para iniciar a retirada do complexo de Ence-Elnosa da Ría de Pontevedra.
A proposta de Compromiso por Galicia basease no desprazamento de dous carrís da autovía cara os terreos de Ence nun tramo de aproximadamente un quilómetro e a redución do límite de velocidade na nova vía. Deste xeito unha notable franxa de terreo, quedaría liberada para a construción dun gran paseo axardinado con arborado de gran porte e carril bici de gran calidade para os veciños e veciñas e cun gran respecto para o entorno ao non ser necesario invadir o mar.
Para Compromiso, esta proposta enmarcase por outro lado dentro dun Plan especial para a zona de Lourizán-Praceres, que debería ir destinado a "resarcir progresivamente a esta parroquia de todos os maltratos e agravios que ven sufrindo por parte das diferentes administracións".
Relacionadas:
-
Pedaladas e Masa Crítica elaboran a súa propia proposta para un paseo peonil e ciclista Pontevedra-Marín
Por Redacción |
-
Compromiso por Galicia anima aos "desencantados do PSOE" a que lles voten
Por Oskar Viéitez & Daniel Santomé |
-
Un clúster empresarial da arte e o deseño, aposta de CxG para o antigo edificio de Facenda
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Compromiso por Galicia propón un referendum vinculante sobre a permanencia de Ence na ría
Por Oskar Viéitez |
-
"Pontevedra máis bonita non pode estar. Pero se non teño para comer, de que me vale?"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Compromiso por Galicia: "O goberno de Lores so dá preferencia ao rural na inspección fiscal"
Por Elsa Juliá Sánchez |