Chamadas cruzadas no 986843804 o 24M. O alcalde Jacobo chamará ao presidente Mariano? Ou ao revés?
Por Natalia Puga & Diego Torrado
"El día 24 tendrás muchas llamadas. Anota este número. 986.843.804. Descolgará Jacobo Moreira y será el alcalde de tu ciudad". Imbuído polo furor habitual deun mitín e sentíndose arroupado polos seus incondicionais, o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, fixo esta promesa ao presidente do seu partido e do Goberno, Mariano Rajoy.
Acontecía este venres pouco despois de empezar o acto central da campaña electoral do seu partido en Pontevedra, protagonizado por Moreira, Rajoy e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. Tivo que esperar pouco para obter unha retroacción. O líder estatal dos 'populares', recolleu a luva e quixo empezar a súa intervención asegurando: "al 986.843.804 llamará yo primero para felicitarte".
O número da sede local do PP en Pontevedra quedou xa gravado na memoria dos asistentes ao mitín. As 434 butacas de aforamento que ten o Teatro Principal de Pontevedra enchéranse en poucos minutos tras a apertura de portas e xeraron un público entregado que regalou aos tres protagonistas da noite grandes aplausos, especialmente intensos nas numerosas referencias que realizaron os tres á orixe pontevedresa de Rajoy e á "honra" que senten todos eles de que elixise Pontevedra para un dos actos de campaña de cara ao 24 M. Este venres pasara previamente por Marín e Vigo.
"Es un honor estar en Pontevedra, que ha sido, es y será siempre mi ciudad", sentenciou Rajoy, que se mostrou agradecido do seu orixes, pois "Pontevedra me ha dado todo lo que soy en política". Este pontevedresismo chocou co resto do enfoque do seu dicurso, máis enfocado en clave nacional, no que quixo deslizar, iso si, o seu convencemento da vitoria de Jacobo Moreira o 24-M, pois "Pontevedra es un gran ciudad y una gran ciudad necesita un gran alcalde y por eso va a ser alcalde el día 24".
A irrupción de Podemos na política nacional volveu coarse na intervención do líder do PP, que contrapuxo a estabilidade do seu partido coas nuesvas agrupacións políticas e insistiu en que "nosotros no somos el producto de una tertulia politica ni de una pizarra".. Reivindicou o voto para os 'populares' porque "España no necesita en este momento, ni Galicia ni Pontevedra estrellas fugaces".
Esta mesma alusión ao partido de Pablo Iglesias, pero máis enfocado a nivel local, deslizouse no discurso de Núñez Feijóo, que se referiu ás "franquicias chamadas Mareas" coas que se presenta ás eleccións, en alusión a que Podemos apoia as 'Mareas' de distintas localidades, entre elas a Marea Pontevedra. Este comentario valeulle o maior aplauso da noite.
Fronte a un discurso no que Rajoy non se referiu aos rivais de Moreira o 24-M, Feijóo si se centrou na figura do alcalde e candidato do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores e no cómic que deseñou nesta campaña. Cun marcado ton crítico, pediu o voto dos presentes para o PP porque nestas municipais "vamos a decidir a Ponteveda do ano 2020 ou ter un alcalde de 20 anos" e porque o futuro da cidade "non é unha broma, un conto, unha aldea gala". "Nós non vivimos na época de Astérix, nós vivimos na Europa do século XXI", reivindicouse.
Lores meteuse tamén no discurso de Moreira, que abriu o acto con críticas á viaxe do alcalde a Nova York durante a campaña política e o atribuíu a que é un "alcalde cansado" que "se escapa más alá del océano para evadirse".
O resto do discurso centrouse en dar a coñecer as propostas que recolle o seu programa electoral, pero sorprendeu cun dos agradecementos que realizou a Rajoy que, ata o momento, non se mencionara na campaña, a polémica entre o Ministerio de Defensa e os comuneros de Pontevedra, Marín e Vilaboa polos terreos da Brilat. Deu as grazas ao presidente do Goberno "por haber insistido en que hoy en día la Brilat siga en Ponteveda". Tivo a súa réplica e Rajoy prometeulle: "Mientras yo sea presidente del Gobierno, la Brilat va a seguir aquí".
Relacionadas:
-
Atraer investimento estranxeiro, máis axuda a emprendedores e potenciar a formación, eixes do Plan de Emprego do PP
Por Redacción |
-
"Aquí hai dous candidatos. O señor Lores e eu. El avoga por pechar empresas e eu por mantelas e abrir máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Mariano Rajoy reparte apertas en Marín e afirma: "La crisis era de caballo, pero ahora estoy animado"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Mariano Rajoy sobre a fase de ascenso do Pontevedra CF: "Tiene que subir. Yo creo que subimos"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |