O candidato do PP en Poio, Ángel Moldes, asina ante notario os seus compromisos electorais
Por Redacción
Ángel Moldes, candidato do Partido Popular á alcaldía de Poio, decidiu rexistrar ante notario os principais proxectos do seu programa electoral para os comicios do 24 de maio.
Moldes afirma que con esta firma está solemnemente obrigado a realizar, durante os primeiros catro anos, estes proxectos fundamentais para o Concello de Poio. O compromiso supón que en caso de faltar á súa palabra, non poderá presentarse á reelección.
Os tres "proxectos estrela" do seu programa céntranse na depuradora, as beirarrúas e o saneamento. Desta forma, o candidato sinala que a acta notarial representa un contraste moi agudo con aqueles que fan as mesmas promesas cada catro anos "e non as cumpren xamais, alegando mil pretextos de mal pagador".
Sinalou que en relación coa depuradora, hai candidatos que seguen dicindo que a depuradora debe instalarse en Pampaído, "sen que lles caia a cara de vergoña". Ademais de decidir a situación e a construción da EDAR, Moldes comprométese a dotar de beirarrúas e outros servizos en Campelo, ademais de instalar beirarrúas na PO-308. Para estes proxectos sostén que hai financiamento tanto por parte da Deputación, coma por parte da Xunta e da Unión Europea.
Relacionadas:
-
O PP de Poio promete outros dous campos de herba artificial nos próximos oito anos
Por Redacción |
-
Ángel Moldes amosa as súas armas en Monte Castrove para que o PP gañe a alcaldía de Poio
Por Redacción |
-
O candidato do PP á alcaldía de Poio descubre unha candidatura con moitas novidades
Por Redacción |
-
Ángel Moldes salienta a necesidade de que a futura depuradora se constrúa en Poio
Por Oskar Viéitez |