Música de cinema con dez bandas locais nos Concertos Feroz
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os Premios Feroz, que Pontevedra acollerá en xaneiro de 2025, tamén estarán presentes nas Festas de Verán. Será cunha proposta musical na que participarán dez artistas locais.
Todos eles protagonizarán os Concertos Feroz os días 27 e 28 de xullo.
O obxectivo desta iniciativa é que a cidade vaia quentando motores para esta esperada cita cunha serie de actuacións en directo na que soará música de cinema, a través das adaptacións que farán cada un dos artistas e das bandas elixidas.
Así, o sábado 27 de xullo, os concertos comezarán coa proposta Conto nas verzas, un espectáculo familiar de pequeno formato que mestura narración oral e música en directo. Será á unha da tarde nos xardíns de Marescot, xunto á Facultade de Belas Artes.
Zeltia Irevire (13:30 horas) actuará, pola súa banda, no Campiño de Santa María, o mesmo lugar onde soará as propostas que presentarán Futuro Alcalde (20:00 horas) e Cora Velasco (21:15 horas). A xornada concluirá ás dez da noite con Visi na Praza do Teucro.
Ao día seguinte, o domingo 28 de xullo, a música empezará a soar con Helena Egea, ás 13:30 horas, na Praza de Curros Enríquez, onde tamén actuará en sesión de tarde (19:00 horas) A Banda Senlleira de Robacallos.
Na Praza de Ourense subirán ao escenario os membros de Dalsi (20:15 horas), mentres que Flip Corale & Antonio Cafre farano na Praza da Estrela (21:00 horas). O fin de festa correrá a cargo de Odiosos 5, que ofrecerá o seu concerto na Rúa Duque de Tetuán.
Relacionadas:
-
Pontevedra promociona na rúa os Premios Feroz e estará presente no Festival de Cine de San Sebastián
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, ante un "verán que non para" con preto de catrocentas actividades festivas nas súas Festas de Verán
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra despregará a 'alfombra vermella' para acoller os Premios Feroz
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |