![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/001/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/669a59c6ae-feroz-1.jpeg)
© Concello de Pontevedra
Pontevedra promociona na rúa os Premios Feroz e estará presente no Festival de Cine de San Sebastián
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cd6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/669a598613-whatsapp-image-2024-07-19-at-12.52.44.jpeg)
© Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra acaba de poñer en marcha a campaña de publicidade e promoción dos Premios Feroz, os galardóns de cine e televisión que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos de España, e que farán da Boa Vila a súa sede nos anos 2025 e 2026.
A presentación contou coa presencia do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, o voceiro do PSOE na corporación municipal, Iván Puentes, xunto con outros concelleiros. Todos participaron nun acto onde foi revelada a imaxe que ao longo dos vindeiros meses poderá ser atopada en mupis, carteis, folletos ou monolitos.
O obxectivo non é outro que divulgar a importancia destes galardóns de cara a cidade, ao tempo que se tenta facer partícipe á propia veciñanza dos premios, nesta primeira fase de promoción.
O voceiro do grupo socialista, Iván Puentes, sinalou que "por riba de siglas e de diferencias políticas, debemos ser quen de celebrar xuntos acontecementos e fitos que son importantes para a cidade que todos queremos e amamos que é Pontevedra". "A organización dos Premios Feroz, durante as dúas próximas edicións na nosa cidade, é un proxecto de cidade, un proxecto de toda a cidadanía de Pontevedra que sentirá con orgullo como a súa vila é sede deste fito cultural, que xa é importante en si mesmo, pero que supón unha oportunidade de promoción exterior, de seguir medrando e de seguir posicionándonos no mapa".
Pola súa banda, Rafa Domínguez indicou que "Pontevedra tiene un modelo de ciudad reconocido y el siguiente paso es que sea una capital cultural. Que los Feroz vengan a Pontevedra es un éxito sin duda, un éxito en el que la Diputación está y estará dentro de una lealtad institucional mutua. Todo lo que sea cultura y Pontevedra, la Diputación va a estar. Le agradecemos al Concello de Pontevedra la invitación para participar, para estar, y decir que esperamos que tenga un retorno, que seguro que va a tener, en el sentido económico y que sea un campo para futuros rodajes".
Por último, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo agradecer a presencia de todos os presentes, lembrando que "este é un acto realmente importante". "Queremos que todo o mundo saiba, que imos ser sede dos Premios Feroz. Repartiremos 40.000 folletos, instalaremos publicidade na rúa... Os Premios Feroz serán un dos eventos culturais máis importantes xa non só de Galiza, senón do Estado e significa que Pontevedra é unha cidade moderna, unha cidade atractiva".
"Queremos facer esta publicidade antes do verán para que a xente que nos visita saiba que Pontevedra conta con actividade cultural todo o ano. Teremos unha serie de actividades previas á gala do 25 de xaneiro", explicou.
"Quero, ademais, informar hoxe de que estaremos no Festival Internacional de Cine de Donostia para promocionar a gala pontevedresa. Isto será en setembro, e iremos convidados polos organizadores para facer ese chamamento a todos os presentes de que estarán convidados a vir até Pontevedra. Agardo que estes Premios Feroz sirvan para continuar esa proxección internacional que estamos a ter. Somos unha cidade dinámica, unha cidade na vangarda".
Relacionadas:
-
Chegan os Concertos Feroz, música de cinema con dez bandas e artistas locais
Por Alejandro Espiño |
-
Música de cinema con dez bandas locais nos Concertos Feroz
Por Redacción |
-
Membros do sector audiovisual galego avanzan co Concello en propostas vencelladas aos Premios Feroz
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Lores mantén reunións co sector cultural e creativo da cidade para informar sobre os Premios Feroz
Por Redacción |
-
Novos Cinemas, Ambienta e o Cineclube colaborarán coas actividades dos Premios Feroz
Por Alejandro Espiño |
-
María Guerra, sobre os Premios Feroz: "É unha honra vir a Pontevedra. Fainos moita ilusión. É unha cidade moi humana"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra despregará a 'alfombra vermella' para acoller os Premios Feroz
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |