A maldición do céspede sintético, unha pantasma que se lle volve a aparecer ao Pontevedra
Por Diego Espiño
Facía máis de ano e medio que o Pontevedra Club de Fútbol non competía en liga sobre un campo con superficie artificial, ao estar prohibido na Primeraa RFEF, pero bastou un só encontro para espertar vellas pantasmas.
Falar de céspede sintético e o Pontevedra leva automaticamente ao imaxinario da afección granate a lembrar dolorosos tropezos, moitas veces inesperados, e iso de novo volveu pasar no campo dun Covadonga que chegaba á cita como pechacancelas do grupo.
De pouco importou o aviso de Yago Iglesias na previa, e é que o conxunto pontevedrés, que se adiantou no marcador, terminou naufragando no segundo tempo fronte a un cadro local habituado ás dimensións e carácterísticas do seu campo.
"Levamos unha aprendizaxe moi boa para o que queda de tempada. Hai moitas cousas que corrixir e hoxe é un claro exemplo de erros que non podemos cometer no futuro", sinalaba tras o encontro o técnico pensando seguramente xa nas tres saídas que aínda deben afrontar esta tempada a estadios con céspede artificial, con son os do Ourense CF, Langreo e Guijuelo.
A última vez que o Pontevedra competira sobre herba artificial fora en maio de 2022, cun triunfo en Navalcarnero (0-2). Esa tempada con todo, a pesar de finalizar en ascenso, o equipo adestrado por aquel entón por Ángel Rodríguez, sumou só 7 de 15 puntos posbiles en campos sintéticos, gañando tamén o Langreo e empatando co Bergantiños pero perdendo con Unión Adarve e Llanera.
Unha tempada antes, nas 20-21, só foron tres os puntos conseguidosa en tres saídas destas características, vencendo precisamente ao Covadonga, mentres que na 19-20 sumaron tres vitorias e tres derrotas (gañaron a Las Rozas, Las Palmas Atlético e Getafe B e perderon contra Ibiza, Peña Deportiva e San Sebastián de los Reyes).
Sen ir moito máis atrás peor foron os datos no curso 18-19, a liga do pasado recente con máis campos sintéticos nunha mesma tempada. Aquel ano os granates afrontaron nove saídas sobre céspede artificial conseguindo un pobre botín de catro puntos (de 27 posibles), con triunfo ante o Rápido de Bouzas, empate en Navalcarnero e derrotas fronte a Unionistas, Internacional de Madrid, Guijuelo, San Sebastián de los Reyes, Valladolid Promesas, Unión Adarve e Las Palmas Atlético.
Tempo ten aínda para darlle a vueñta a estas estatísticas o Pontevedra de Yago Iglesias e espantar as pantasmas, pero para iso deberá mellorar o seu rendemento nos tres desprazamentos destas características que faltan, o primeiro xa dentro de dúas xornadas no campo do por agora líder da categoría, o Ourense CF. Antes, visitará Pasarón noutro duelo importante a SD Compostela.
Relacionadas:
-
Triunfo vital do Pontevedra fronte a un Compostela que acabou con nove (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias, ante a visita do Compostela: "Espero un partido moi aberto"
Por Diego Espiño |
-
Dalisson, dúbida "ata o último momento" para medirse ao Compostela: "Tivémolo entre algodóns para ver se chega"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'convoca' a Marea Granate para o seu próximo desprazamento a Ourense
Por Diego Espiño |
-
Álex González: "Manter o mesmo nivel en todos os partidos é imposible, sempre hai baches"
Por Diego Espiño |
-
Míchel Alonso, de candidato ao banco de Pasarón a revolucionar o Compostela
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras a derrota ante o Covadonga: "Levamos unha aprendizaxe moi boa para o que queda de tempada"
Por Almu Dapena |
-
Trompazo granate no campo do pechacancelas
Por Almu Dapena |
-
Covadonga, o primeiro exame en céspede artificial: "Non vai cambiar a nosa idea pero si teremos que adaptala"
Por Diego Espiño |