Yago Iglesias, ante a visita do Compostela: "Espero un partido moi aberto"
Por Diego Espiño
Hai vida máis aló da Selección Española de Fútbol, e Pasarón prepárase tamén para vivir esta semana un encontro especial, o derbi entre o Pontevedra Club de Fútbol e a SD Compostela (domingo, 17.00 horas).
"Pódese dicir que é o partido estrela do Grupo I esta semana", asegura o adestrador granate Yago Iglesias, e é que se trata dun duelo que ten "moitos alicientes para que esta fin de semana vexamos, oxalá, a mellor entrada en Pasarón da tempada".
Ademais coa visita da Selección "o estadio está a quedar incrible e o céspede está espectacular", ao que se suma a presenza dun bo número de afeccionados visitantes, xa que a entidade da Boa Vila enviou ao seu rival 305 entradas, máis os seguidores que poderían desprazarse pola súa conta.
"Eu espero un partido moi aberto", afirmou o Iglesias ao prever "un equipo rival que vai vir a xogar de tu a tu" como bo candidato aos postos altos da táboa.
De feito o Compostela, tras un inicio irregular con cambio de adestrador incluído, chegará a Pasarón tras gañar cinco dos seus seis últimos partidos e xa a só 4 puntos dos granates.
"Coa chegada de Míchel o que fixeron é pechar a portería, non recibir moitos goles, e despois é un equipo que ten moita calidade individual de medio campo para adiante. Vendo os últimos partidos dunha xogada morta no partido sempre sacan rendemento", analizou o adestrador local.
O Pontevedra repartiu ademais 500 entradas estes últimos días en centros escolares, o que se suma á promoción para socios de poder retirar entradas a metade de prezo para acompañantes. Moitos factores para pensar en vivir unha gran tarde de fútbol en Pasarón.
A nivel estritamente deportivo, Yago Iglesias contará coa baixa para o encontro de Marcos Barbeiro e a dúbida ata último momento de Dalisson de Almeida.
Relacionadas:
-
Triunfo vital do Pontevedra fronte a un Compostela que acabou con nove (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Dalisson, dúbida "ata o último momento" para medirse ao Compostela: "Tivémolo entre algodóns para ver se chega"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'convoca' a Marea Granate para o seu próximo desprazamento a Ourense
Por Diego Espiño |
-
Álex González: "Manter o mesmo nivel en todos os partidos é imposible, sempre hai baches"
Por Diego Espiño |
-
Míchel Alonso, de candidato ao banco de Pasarón a revolucionar o Compostela
Por Diego Espiño |
-
A maldición do céspede sintético, unha pantasma que se lle volve a aparecer ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Trompazo granate no campo do pechacancelas
Por Almu Dapena |