O TM Monte Porreiro cede un empate ante o Arteal Santiago (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz
O Arteal Santiago cortou a xeira de catro triunfos consecutivos do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que a punto estivo de facerse coa vitoria pero terminou cedendo nos dous últimos enfrontamentos.
Os de Nando Álvarez iniciaron o encontro da mellor forma posible, cun contundente 3-0 de André da Silva ante Humbergo Manhani.
Devolveu o empate o cadro santiagués cun axustado triunfo por 2-3 de José Mendes sobre Nico Galvano, pero enseguida Ángel Vílchez, sen ceder ningún xogo, devolveu a vantaxe aos pontevedreses tras superar a Fran Ruiz (3-0).
Puxo máis terra polo medio André Filipe pechando o seu enfrontamento contra José Mendes por 3-1, pero cando o triunfo estaba practicamente no peto, o Arteal Santiago recompúxose e iniciou a remontada.
Manhani foi o encargado de gañar a Vílchez por 2-3 no quinto duelo da mañá, e xa no sexto e definitivo Nico Galvano foi incapaz de manter o pulso a Fran Ruiz e terminou cedendo por outro axustado 2-3.
Finalmente empate a tres que deixa os de Pontevedra colíderes da Superdivisión empatados a 9 puntos co Priego e o Burgos.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro curta a súa mala serie vencendo o CTT Olot (4-2)
Por Diego Espiño |
-
Segunda derrota consecutiva dun TM Monte Porreiro 'tocado' pola grave lesión de Nico Galvano
Por Diego Espiño |
-
Primeira derrota da tempada para o TM Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Pleno de triunfos do TM Monte Porreiro para seguir líder da Superdivisión (0-4)
Por Redacción |
-
Defensa do liderado do TM Monte Porreiro cunha contundente vitoria fronte ao Collado Mediano (4-0)
Por Diego Espiño |
-
Histórico liderado do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión: "É anecdótico pero querémolo gozar"
Por Diego Espiño |