Pleno de triunfos do TM Monte Porreiro para seguir líder da Superdivisión (0-4)
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro continúa líder da Superdisivión masculina con pleno de triunfos despois de superar ao L'Escala cun contundente 0-4.
Os de Nando Álvarez desprazáronse este xoves a Barcelona para disputar o encontro aprazado da cuarta xornada de liga onde o esperaba o terceiro clasificado, todo un Cer Robin Hat Prisco L'Escala que chegaba invicto á cita con dúas vitorias e un empate no seu haber.
O equipo pontevedrés empezou cedendo o primeiro set que estaba en xogo entre Shiyu Sun e André Silva, pero recompúxose para pechar o duelo cun 1-3 e levar o primeiro punto. Mesmo resultado conseguiu Martín Betancor ante Iker González, caendo soamente no terceiro set (1-3) e subir o 0-2 ao marcador.
Cos deberes practicamente feitos chegou a quenda de Xavi Peral contra Nico Galvano e de Iker González fronte André Silva, sentenciando os de Pontevedra os seus encontros por 0-3 e levar outra vitoria que lles permite manterse líderes en solitario da Superdivisión.
O próximo encontro do Tenis de Mesa Monte Porreiro será este domingo ás 10:00 horas no Príncipe Felipe ante o Arteal Santiago.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro curta a súa mala serie vencendo o CTT Olot (4-2)
Por Diego Espiño |
-
Segunda derrota consecutiva dun TM Monte Porreiro 'tocado' pola grave lesión de Nico Galvano
Por Diego Espiño |
-
Primeira derrota da tempada para o TM Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cede un empate ante o Arteal Santiago (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Defensa do liderado do TM Monte Porreiro cunha contundente vitoria fronte ao Collado Mediano (4-0)
Por Diego Espiño |
-
Histórico liderado do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión: "É anecdótico pero querémolo gozar"
Por Diego Espiño |
-
A aventura europea do Monte Porreiro continúa e xogará a Europa Trophy Cup
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro, a por unha tempada ilusionante que empeza o 24 de setembro coa Europe Cup
Por Almu Dapena |