Duro castigo para o Pontevedra B, derrotado no minuto 90 polo Barbadás (1-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Mereceu máis o Pontevedra B este xoves 12 de outubro no partido de liga de Terceira RFEF, adiantado da xornada da fin de semana, disputado no segundo campo do Complexo Deportivo Manolo Barreiro da Xunqueira, pero foi o Barbadás o que levou os puntos en xogo cando xa apenas quedaba tempo de reacción.
O filial granate, reforzado polo seu triunfo en Arzúa, buscaba unha segunda vitoria consecutiva que lle lanzase na clasificación, e para iso Jesús Ramos podía contar esta vez con dous dos futbolistas do equipo que están a ser habituais nas convocatorias do primeiro plantel, como Valentín Jaichenko e Hugo Padín, partindo ambos os dous como titulares.
Tivo ocasións o conxunto local para tomar a dianteira no primeiro acto, especialmente en dúas accións de Valentín, pero o que chegou pouco antes do descanso foi o 0-1. Era o minuto 43 e a estratexia resultaba decisiva, con Pablo Nogueiras batendo a Carlos de cabeza á saída dun córner.
Co marcador en contra o Pontevedra B saíu disposto a buscar o empate na continuación ante un bloque visitante que se replegaba para conservar o seu botín.
Fabio rozou a igualada, marchando desviado por moi pouco o seu remate, e non foi ata a recta final do encontro cando o filial atopou o premio que buscaba. Foi case na acción menos esperada, cun penalti no 84 por agarrón a Berni que Hugo Padín convertía no 1-1 enganando ao porteiro.
A repartición de puntos parecía xa o mal menor, ata que rozando o 90 Gabi aproveitaba unha perda defensiva do Pontevedra para converter de lonxe o definitivo 1-2.
Relacionadas:
-
Libasse Guèye, titular na derrota do Pontevedra B ante o Betanzos (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Guèye goza de minutos no empate do Pontevedra B ante o Silva (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B supera o Estradense nun partido condicionado polo mal tempo (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra programa en Pasarón o partido do filial fronte ao Estradense
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cae en casa do Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo da tempada para o Pontevedra B, superando a domicilio o Arzúa (2-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pode co Celta B Gran Peña (0-2)
Por Redacción |