Primeiro triunfo da tempada para o Pontevedra B, superando a domicilio o Arzúa (2-3)
Por Redacción
Tivo que esperar á quinta xornada de liga pero o filial granate logrou ao fin estrear o seu marcador de triunfos na Terceira RFEF.
Fíxoo cun triunfo ademais fóra da casa, no campo dun Arzúa que queda afundido na última praza. Os de Jesús Ramos pola súa banda, que sumaran dous empates ata a data, dispáranse con 5 puntos cara á metade da táboa.
Ademais do triunfo o Pontevedra B, que só lograra dous tantos este curso, cimentaron a vitoria nun gran rendemento ofensivo.
Foi Toño, de penalti a pouco antes dos 10 minutos o encargado de abrir o marcador para o filial, conseguindo ampliar a vantaxe seis minutos despois Gonzalo.
O Arzúa recortou distancias no minuto 41, pero na seguinte acción Berni facía o 1-3 para marchar ao descanso co choque encarrilado.
Fataban iso si 45 minutos por diante, e os locais non querían darse por vencidos volvendo apertar o marcador co 2-3 de Iker Hurtado e media hora por xogarse.
Tiveron que apertar os dentes os de Jesús Ramos para controlar o choque e evitar poñer en perigo un resultado moi valioso e que supón todo un empuxón de moral para o equipo.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B supera o Estradense nun partido condicionado polo mal tempo (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra programa en Pasarón o partido do filial fronte ao Estradense
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cae en casa do Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
Duro castigo para o Pontevedra B, derrotado no minuto 90 polo Barbadás (1-2)
Por Redacción |
-
A primeira vitoria a domicilio de 2023 chegou en outubro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra B non pode co Celta B Gran Peña (0-2)
Por Redacción |
-
Derrota pola mínima do Pontevedra B ante o Viveiro
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pasa do empate en Arteixo (1-1)
Por Redacción |