Natalia Castro logra un sexto posto na Copa de Europa de Tríatlon de Ceuta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A bueuense Natalia Castro logrou este domingo un meritorio sexto posto na proba elite da Copa de Europa de Tríatlon disputada en Ceuta e que contaba coa etiqueta de Campionato do Mediterráneo. A competición tivo un percorrido sprint de 750 metros de natación na praia de Ribera, 20 quilómetros de ciclismo e outros cinco de carreira a pé.
A gañadora da carreira foi a italiana Beatrie Mallozzi, que se impuxo ao sprint cun crono de 01:01:44, a tan só un segundo da madrileña Cecilia Santamaría (01:01:45). Terceira foi a británica Hollie Elliot (01:02:13)
A Copa de Europa de Tríatlon tivo claro dominio nacional, xa que a delegación española coou no top 10 a outras catro triatletas con Maite Jiménez-Orta quedándose ás portas do podio cunha cuarta posición, María Casals sendo quinta, Natalia Castro chegando sexta e Paula Del Pozo, oitava.
Ademais, na carreira elite masculina outros catro corredores españois lograron finalizar a carreira no top 10. Nan Oliveras foi cuarto, Kevin Viñuela quinto, Juan González oitavo e Jesús Vela noveno
Relacionadas:
-
Posto 16 para Natalia Castro nun Mundial Sub-23 gañado pola alemá Klamt: "Hoxe non tiña máis pernas"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Cinco galegos nunha armada española que afronta sen complexos a Gran Final: "É como correr no patio da casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Natalia Castro, a gran esperanza local na Gran Final: "Sairei a gozar e o resultado virá por si só"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |