Triplete XSM-Froiz no arranque da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción
A Copa de España de Ciclocrós comezou a fin de semana en Xixón con boas noticias para o ciclismo pontevedrés, especialmente na categoría júnior feminina.
O podio nesa carreira estivo copada polas ciclistas do XSM de Marín e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
A gañadora foi Lorena Patiño (XSM) remontando ao ataque inicial de Aroa Otero (Froiz) e Marta Estévez (XSM). Patiño terminouse escando en solitario para entrar en meta con 26 segundos sobre Otero e 1'26'' sobre Estévez, segunda e terceira respectivamente.
Este triunfo permitiralle ademais a honra de lucir a camisola de líder na proba da casa da Copa de España, o Gran Premio Ciudad de Pontevedra que se disputará o próximo 7 de outubro.
No resto de probas, destacou o quinto posto na carreira elite feminina da marinense Irene Trabazo (XSM), con Laura Mira (Farto) sétima.
En canto aos elite-sub23, Miguel Rodríguez (Froiz) foi o décimo terceiro clasificado.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo e Gonzalo Inguanzo, vencedores na Copa de España de Ciclocrós de Les Franqueses
Por Redacción |
-
Lorena Patiño e un espectacular 'repóker' de vitorias en probas internacionais de ciclocrós
Por Redacción |
-
Felipe Orts lidera en Marín os elite masculinos e Laura Verdonscht repite ouro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Kevin Suárez e Laura Verdonscht impóñense no Gran Premio Cidade de Pontevedra de Ciclocrós
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Supermercados Froiz de Ciclocrós, a por unha tempada "con moitas posibilidades" de éxito
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Xaxán CX Internacional, a guinda para unha fin de semana de ciclocrós na comarca
Por Redacción |
-
Ensaio xeral para o Europeo de Ciclocrós de 2024 no Gran Premio Cidade de Pontevedra máis internacional
Por Diego Espiño |
-
Pistoletazo de saída á tempada de ciclocrós do Poio Bike Club coa Copa de España en Xixón
Por Redacción |
-
Pontevedra repetirá este 2023 como unha das sedes da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |