Barbeiro reincorpórase ao grupo, con Chiqui e Borja Domínguez traballando a menor ritmo
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol retomou este mércores os adestramentos, tras o habitual descanso dos martes, mirando xa cara ao duelo do próximo domingo 17 en Pasarón (17.00 horas) fronte ao Langreo, no que buscará o seu primeiro triunfo da tempada.
Fíxoo o equipo de Yago Iglesias xa ao completo, co reingreso á dinámica de traballo de Marcos Barbeiro, tras participar coa selección de San Tomé e Príncipe na fase de clasificación da Copa de África.
O atacante, que completou os 90 minutos de xogo co seu equipo nacional fronte a Nixeria, exercitouse a pleno rendemento.
Non foi así no caso dos dous futbolistas lesionados nas primeiras xornadas de liga, Borja Domínguez e Chiqui, que se manteñen a menor ritmo que os seus compañeiros.
Aínda que ambos os dous evolucionan favorablemente, especialmente Chiqui tras o susto que lle obrigou a pedir o cambio en Valladolid, a súa presenza a fin de semana contra o Langreo antóllase como pouco probable.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias está "convencido" de que este domingo "imos ver un Pontevedra que vai facer goles e vai conseguir os tres puntos"
Por Almu Dapena |
-
Benjamín Garay: "Confiamos todos en que os resultados van chegar"
Por Diego Espiño |
-
Barbeiro, titular na derrota por 6-0 de Santo Tomé e Príncipe ante Nixeria na clasificación para a Copa de África
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "O Pontevedra fixo moitos méritos para levar os tres puntos"
Por Almu Dapena |
-
Un Pontevedra de máis a menos regala un empate ao Valladolid Promesas (1-1)
Por Almu Dapena |