O Marín Futsal anuncia a chegada de Antía Mariño, a súa décima fichaxe
Por Redacción
O Marín Futsal fixo oficial este luns a súa décima fichaxe do verán. Trátase da ala-peche Antía Mariño, procedente do Albacete FS, onde realizou o pasado curso unha extraordinaria campaña en Segunda División.
A galega, natural de Viveiro, ten 28 anos e unha dilatada experiencia na categoría de prata do futbol sala nacional. Antes de fichar polo conxunto manchego, xa defendeu as cores do Xaloc Alacant, o Torrent e a Petxina.
Un dos puntos fortes da xogadora é a súa polivalencia, pois pode desenvolverse con solvencia en calquera posición da cancha.
Non foi a única incorporación ao equipo de Ramiro Díaz. A prometedora porteira Ainoa Gil incorpórase tamén á dinámica de adestramentos do primeiro equipo con só 15 anos.
Procedente do Futsal Morrazo, a porteira traballará as próximas semanas co primeiro equipo e logo será o técnico e a dirección deportiva os que decidan se se mantén en Primeira División, se continúa a súa formación na base ou sae cedida a algún outro equipo para madurar como deportista.
Coa chegada de Antía Mariño e a incorporación de Ainoa Gil son xa dez as novas caras deste renovado Marín Futsal no que debutarán co uniforme branco e azul Marina Groba, Lucía Serrano, Ana Pinto, Débora Lavrador, Carolina Pedreira, Ana Cunha, Patricia Arruti e Daniela Rodríguez
Relacionadas:
-
Primeiro día na oficina para un renovado Marín Futsal: "Non hai ningún obxectivo máis aló da permanencia"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Marina Groba regresa ao Marín Futsal
Por Redacción |
-
Lucía Serrano, sétima fichaxe do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Ana Pinto, nova incorporación do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Tres novas pezas para a reconstrución do Marín Futsal
Por Redacción |