Ana Pinto, nova incorporación do Marín Futsal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Marín Futsal segue confeccionando o plantel coa que disputará unha nova tempada en Primeira División.
A última incorporación ás filas do equipo é a porteira Ana Pinto, procedente do Inter SC Evora de Portugal e campioa do Mundial Universitario.
Trátase da terceira incorporación portuguesa do cadro marinense tras confirmar as fichaxes de Débora Lavrador e Carolina Pedreira.
Desta forma, xa son once as xogadoras que dirixirá Ramiro Díaz a próxima campaña.
Ademais das portuguesas, o equipo incorporou á brasileira Ana Cunha, a gardameta Patri Arruti, Daniela Rodríguez, e o renovadas Café, Inés Mayán, Adriana Gómez e María Estevez. Tamén adestrará co primeiro equipo María Domínguez, xogadora da base