O Torneo EncestaRías trasládase a Pontevedra cun cartel de luxo: Obradoiro, Breogán, Unicaja e Benfica
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra será o próximo mes de setembro do Torneo EncestaRías de baloncesto, unha cita xa clásica na pretempada.
Debido ás obras que se están levando a cabo no pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, o evento trasládase á Boa Vila, ofrecendo un espectáculo do máximo nivel con ata tres equipos da Liga ACB máis o campión da liga portuguesa.
En concreto daranse cita en Pontevedra os dous equipos galegos que militan na máxima categoría, Obradoiro e Breogán, xunto ao Unicaja de Málaga e ao SL Benfica.
Así o confirmou a organización do torneo, que se celebrará os días 2 e 3 de setembro.
"Iniciamos a oitava edición do Torneo EncestaRías. Estaremos en Pontevedra, nun novo escenario, moitas grazas polo apoio mostrado! Daremos o mellor de nós mesmos para que sexa un éxito!", reza a publicación da organización confirmando o cambio de sede.
Está previsto que as entradas se poñan á venda nos próximos días.
Arrancamos la octava edición del Torneo EncestaRías
— EncestaRías (@ADC_EncestaRias) July 29, 2023
Estaremos en Pontevedra, en un nuevo escenario, muchas gracias por el apoyo mostrado!
Daremos lo mejor de nosotros mismos para que sea un éxito!!! pic.twitter.com/NhJUbw4fgu
Relacionadas:
-
O Pavillón Municipal acollerá, por segundo ano consecutivo, o Torneo EncestaRías de baloncesto
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Benfica e Unicaja enfróntanse este domingo na gran final do EncestaRías
Por Redacción |
-
Pontevedra, lista para vivir "unha festa do baloncesto ACB"
Por Diego Espiño |
-
Xa están á venda as entradas para ver o Obradoiro, Breogán, Unicaja e Benfica no Municipal
Por Redacción |