A VII MiniBTT regresa este domingo aos montes de Salcedo
Por Redacción
Os montes da parroquia de Salcedo acollen este domingo, 30 de xullo, a sétima MiniBTT Comunidade de Montes de Salcedo na que participarán ciclistas das modalidades masculina e feminina das categorías: benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil.
O evento comezará ás 10 da mañá e terá como punto de saída e chegada o campo de tiro.
A concelleira de Deportes, Anabel Gulías destacou a importancia deste evento que congregará a uns 300 rapaces de toda Galiza, por promover o deporte de base e polo retorno económico que supoñen estas actividades para Pontevedra.
A concelleira presentou o evento en compañía do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e dos responsables do Club Farto e organizadores do evento Brais Dacal e Ramón Novo.