A mini BTT de Salcedo imponse á calor e celebra a súa sexta edición
A sufocante calor non freou este domingo aos case 400 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que se citaron para participar nunha das citas máis especiais que teñen lugar nos montes de Salcedo.
Trátase da mini BTT, que este ano chegou á súa sexta edición da man do Club Ciclista Farto en colaboración coa Comunidade de Montes de Salcedo e o Concello de Pontevedra.
Os participantes moitos deles pertencentes a diversos equipos de Galicia, dividíronse en tres categorías e tomaron a saída en tres quendas, a primeira delas ás 10:00 horas.
Este tipo de eventos é dos máis importantes organizados polo Farto xa que a sección BTT do club é das máis grandes ao contar coa metade das 125 licenzas coas que conta o equipo.
Participantes da sexta edición da mini BTT de Salcedo
Os montes de Salcedo acolleron este domingo a sexta edición da mini BTT que cada ano organiza o Club Ciclista Farto en colaboración coa Comunidade de Montes de Salcedo e o Concello de Pontevedra
© Cristina Saiz