Isabel Caeiro suma para a Gimnástica un ouro no Campionato de España Sub20 de atletismo
Por Redacción
O Campionato de España Sub20 de atletismo celebrado os días 21 e 22 de xullo en Soria deixou unha grata noticia para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra.
A súa atleta Isabel Caeiro sumou unha brillante medalla de ouro na proba dos 3.000 metros obstáculos, confirmándose como unha das grandes promesas do fondo nacional.
A deportista lucense do club pontevedrés foi primeira cun tempo de 10:58.47, seguida de Lucía Fernández (Bezana Atletismo) cunha marca de 11:18.60 e de Clara Rubio (CAPEX) con 11:41.77.
Este resultado supón o broche a unha gran tempada para ela, e é que en marzo xa foi bronce nacional nos 3.000 metros lisos e en abril prata nos 5.000 metros.
Ademais destes premios, a atleta adestrada por Manuel Hurtado conseguiu recentemente en Vigo un dobre récord galego nos 3.000 metros obstáculos nas categorías sub20 e sub23 con 10:46.29.
Relacionadas:
-
Festa multitudinaria nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Dobrete das atletas sub 16 Sabela Castelo e Sabela Martínez nos 3.000 metros lisos
Por Redacción |
-
Choiva de récords galegos na penúltima xornada do Circuito de Atletismo en Pista
Por Redacción |
-
Dani Chamosa bate o récord galego de 5.000 metros marcha
Por Almu Dapena |
-
A Gimnástica pecha a tempada co equipo masculino en División de Honra e o feminino en Primeira División
Por Almu Dapena |