O Atlético Cuntis celebra medio século de historia
Por Redacción
O Atlético Cuntis inicia este venres os actos de celebración do seu 50 aniversario.
A programación comeza coa presentación dun vídeo con fotografías do medio século de historia do club. Ademais, esta mesma noite renderán homenaxe a Olimpio Martínez polos seus 45 anos como directivo do club. Ambos os actos terán lugar na Biblioteca Municipal a partir das 21 horas.
Outro dos actos previstos é unha comida de confraternidade que terá lugar o domingo 5 de agosto no Balneario Termas de Cuntis. Unha cita aberta para todos os que formaron parte da familia do Atlético Cuntis nos últimos 50 anos, tanto como xogador, directivo, técnico ou afeccionado.
A inscrición pode realizarse poñéndose en contacto coa directiva da entidade ou ben facendo a reserva mediente transferencia de 40 euros por persoa á conta ES65.2080.5029.1430.4000.3409, indicando no Concepto: "50 Nome e Apelidos", enviando copia do xustificante de ingreso por e mail a: club4097@gmail.com.
Relacionadas:
-
Recordos, anécdotas e unha boa comida para celebrar o medio século de historia do Atlético Cuntis
Por Redacción |
-
O Atlético Cuntis abre as súas portas ao fútbol feminino
Por Redacción |
-
Máis de 600 xóvenes xogadores converten nun éxito o V Torneo de Fútbol 8 de Cuntis
Por Redacción |
-
Os alevíns do Atlético Cuntis dan a sorpresa e acceden á fase final da Arousa Fútbol 7
Por Redacción |