Os alevíns do Club de Remo Ría de Marín pechan a tempada con outro ouro autonómico
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os alevíns do Clube de Remo Ría de Marín finalizaron a tempada galega cun grande éxito ao colgarse a medalla de ouro no Campionato Galego de Remo Olímpico celebrado o pasado domingo en Castrelo de Miño (Ourense).
Cómpre lembrar que estes mesmos remeiros xa conseguiran o ouro no Campionato Galego de Remoergómetro, celebrado en Marín, e o ouro na Liga de Remo Olímpico.
Por outro lado, os infantís do club e os veteranos tamén tiveron unha boa participación, obtendo en total 5 ouros, 1 bronce e unha cuarta, sexta e décima posición.
Con estes resultados, o equipo marinense pecha a tempada só á espera da celebración do Campionato de España, previsto para a vindeira semana.