Xián Gutiérrez, do CR Ría de Marín, bronce no Campionato de España de Remo Olímpico
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha pequena delegación de seis remeiros representaron esta fin de semana ao Club de Marín no Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías cadete, xuvenil e absoluto, disputado na localidade de Banyoles, Girona.
O mellor posto para o club marinense o obtivo o cadete Xián Gutiérrez, que logrou colgarse o bronce despois dunha vibrante final na que se decidiron as medallas nos últimos metros.
A embarcación 2-CM formada por Hugo González e Xairo Rivadulla quedou décima, mesma posición que conseguiu Níobe Barreiro, en skiff CF.
No caso dos xuvenís, tanto Breogán Fariña como Saioa Iglesias non conseguiron entrar na final.
Esta foi a derradeira proba da tempada para estas categorías, pero non para o resto de remeiros do clube, que competirán nas vindeiras fins de semana nos Campionatos Galego e de España das categorías benxamín, infantil e veteranos.