A caldense Lucía Rivas debuta coa Selección Española no Torneo Desarrollo UEFA de Finlandia
Por Redacción
A caldense Lucía Rivas segue sumando experiencias coa Selección Española Sub 16, coa que por fin debutou no Torneo de Desarrollo UEFA que se está celebrando en Finlandia.
A nova deportista, unha das vinte elixidas por Laura del Río para representar ao combinado nacional na devandita cita, disputou os seus primeiros minutos coa elástica vermella no encontro ante Bélxica do pasado venres, no que venceron por 3-0 con goles de Iris Ashley, Anna Guer e Emma Moreno. Rivas xogou a última media de partido.
A segunda cita da Selección Española tivo lugar este domingo ante a anfitrioa Finlandia, que se fixo co triunfo por 2-0 grazas aos tantos de Akan Okomoh e Olivia Reis.
O último encontro do Torneo de Desarrollo UEFA Sub 16 para as de Laura del Río será o vindeiro mércores 31 de maio contra Turquía.