![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52d2b6e0ebbdd-copagalicia2014.jpg)
© Sociedad Gimnástica
Apertado triunfo da Gimnástica na Copa Galicia de pista cuberta, reeditando o título do ano pasado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52d2b714afbec-copagalicia2014_podiomasculino.jpg)
© Sociedad Gimnástica
O equipo masculino da Sociedad Gimnástica cumpriu coas expectativas. Partía como o gran favorito para gañar a Copa de Galicia de atletismo en pista cuberta e aínda que o Celta de Vigo púxollo difícil, os pontevedreses conseguiron reeditar o título de campión logrado a tempada pasada. Fíxérono por só 1,5 puntos de diferenza, o que demostra a gran igualdade que houbo na proba. 83 puntos sumou a Gimnástica fronte aos 81,5 do Celta.
O equipo pontevedrés cimentou a súa vitoria no Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) nos seis triunfos parciais que logrou nas trece probas disputadas.
Víctor Riobó foi o primeiro en sumar un primeiro posto para a veterana Sociedad Gimnástica, vencendo nos 1.500 metros, nun final moi apertado e cun rexistro de 4'06"70. A continuación, Víctor Gallego gañou o lanzamento de peso cun lanzamento de 16,37 metros, demostrando a súa superioridade como o actual recordman galego da especialidade.
O dominio foi absoluto tamén nas probas de salto. David Ferrer con 3,81 metros foi o que máis saltou no salto con pértiga, mentres que na altura impúxose Darío Costas coa súa 1,95 metros e en lonxitude fixo o propio Iván Maceiras, quen nun fantástico último intento voou ata os 7,04 metros.
O último triunfo da Gimnástica no campionato, foi na proba de relevos. Tras un cara a cara cos corredores do Celta de Vigo, os pontevedreses conseguindo a vitoria cun tempo de 3'35"50, grazas á fantástica posta de Victor Riobó, que souberon aproveitar moi ben os seus compañeiros, Iván Maceiras, Miguel Toubes e David Salas.
Notable foi a actuación tamén dun novísimo Jorge Puig nos 800 metros con 2'00"82 e Iván Docampo nos 3.000 metros, que viña de pasar unha gripe, con 9'00"94. Ambos foron terceiros.
AS RAPAZAS, SÿTIMAS
Ao equipo feminino non lle acompañou a sorte e tivo que conformarse cun sétimo posto na xeral. Tiveron que arrastrar dous ceros nas probas de 200 metros, pola descualificación de Paula Martín, e no salto con pértiga, polos nulos de Clara Gil. Sumáronse varios sextos e sétimos postos o que impediu mellorar a clasificación con respecto ao ano pasado. A actuación máis destacable foi a de Sandra Carballo, que foi terceira nos 50 metros valas cun tempo de 08"11.
A vitoria foi para o Celta feminino, grazas á descualificación do Ría Ferrol no relevo. A Gimnástica finalizou con 39 puntos.