![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534c6cf92ecc0-lysvanis.jpg)
© Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Lysvanys Pérez pulveriza o récord en salto de altura da Sociedad Gimnástica
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A fichaxe de Lysvanys Pérez pola Sociedad Gimnástica está empezando a dar os seus froitos. O atleta de orixe cubana, de 32 anos de idade, participou en Antequera nun control de marcas da Federación Andaluza, impoñéndose no salto de altura cunha marca de 2,07, seis centímetros por encima do actual récord do equipo pontevedrés.
Lysvanys xa igualara o récord do club ao saltar os 2,01 a finais de 2013. Nesta ocasión, saltou sucesivamente o listón colocado en 2,01 ao primeiro intento, 2,05 ao terceiro e os 2,07 ao segundo; para posteriormente facer tres nulos en 2,10.
ÿ especialista ademais de triplo salto, proclamándose nesta proba campión de España en 2011. Acudiu coa selección nacional ao pasado europeo de Helsinki. O seu mellor marca en altura é de 2,29 no ano 2005. Un ano antes participou nos Xogos Olímpicos de Atenas, na proba de salto de altura, baixo a bandeira de Cuba.
Nos últimos tres anos prácticamente desapareceu das pistas de atletismo, pero a súa fichaxe coa Gimnástica parece que lle está motivando para volver polas seus foros. Dentro de dúas semanas formará parte da selección do equipo masculino do club pontevedrés que participará na Copa do Rei.
BOAS MARCAS NOUTRAS PROBAS
Ademais, Javier Paredes proclamouse este fin de semana campión provincial de campo a través en Ourense, ao vencer na proba celebrada en Ribadavia. Fixo unha carreira moi intelixente, manténdose todo o tempo no grupo dos mellores, para no último quilómetro atacar con gran fortuna e levarse a vitoria. E en Vigo, Rafael Fuentes finalizou terceiro na III edición da carreira popular "Correndo por Vigo", na que participaron preto dun milleiro de deportistas.