A I Carreira Popular da Festa do Viño homenaxeará en Barro o deportista local César Constenla
Por Redacción
A Festa do Viño de Barro estreará este ano dentro da súa programación unha carreira popular.
A proba deportiva celebrarase o domingo 11 de xuño e terá un percorrido de 10 quilómetros con saída e meta no Pazo da Crega.
Na súa primeira edición o evento servirá ademais para render homenaxe a un deportista local, Julio César Constenla, que con 79 anos e máis de 40 maratóns ás súas costas continúa competindo, segundo explica o Concello de Barro.
Trátase dun evento deportivo organizado polo propio Concello xunto ao Club de Atletismo +9 e que contará con carreiras para todas as idades.
As inscricións, de balde para os menores de idade e fixadas en 8 euros para os competidores adultos, poderá formalizarse do 1 de maio ao 7 de xuño na web www.galitiming.com.
Relacionadas:
-
A XLV Festa do Viño de Barro empeza a preparar os seus caldos
Por Redacción |
-
Un concerto de Pelepau sinfónico coa Banda de música Xuvenil será o colofón da Festa do Viño de Barro 2023
Por Anxo Lourido |
-
A Festa do Viño de Barro, unha oportunidade para homenaxear ao Grupo de Danzas Amor Ruibal
Por Redacción |