Un concerto de Pelepau sinfónico coa Banda de música Xuvenil será o colofón da Festa do Viño de Barro 2023
Por Anxo Lourido
O 15 de xuño comezarán as actividades, a partir das 17.00 horas, cunha festa infantil no Pavillón. Ao remate, ás 19.30 horas, está previsto o inicio do trofeo Festa do Viño de fútbol no campo de Outeiro.
Actuarán no Xoves do viño, no Pazo da Crega, os grupos A Gramola, e Gominola a partir das 20.00 horas. No mesmo espazo, ás 22.30 horas, chegará a quenda de Jorge Menéndez Quartet.
Na xornada do 16, continuará o fútbol a partir das 18.00 horas. Ás 20.30 está prevista a actuación do Grupo de Danzas "Amor Ruibal" de Barro. Media hora máis tarde será inaugurado o XVI Certame de viños D.O. Rías Baixas, con pregón a cargo de Iria Viqueira Cespón e actuación do grupo Os Alegres. Marbella e Olympus ofrecerán a gran verbena a partir das 22.30 horas.
O sábado 17, o fútbol comezará ás 10.00 e o deporte continuará ás 17.00 horas coa final senior IX Torneo de tenis Festa do Viño. Ás 20.00 horas está previsto o concerto da Coral Polifónica de Barro no Pazo da Crega, coas actuacións do Grupo de Pandereteiras Peñaflor e habaneras a cargo do parroquial da Portela. As orquestras Miramar e Trébol animarán a noite a partir das 22.30 horas cunha nova verbena.
Durante o domingo 18 comenzará a actividade ás 12.00 horas coa IX Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas. Xa ás 10.30 horas vai desenvolverse a cata de viños albariños da D.O. Rías Baixas, no Pazo da Crega e tamén, no local anexo, a cata de viños caseiros. Haberá música a cargo da Charanga Alambique, que dará paso á Sardiñada con viño, acompañada da entrega de premios no patio do Pazo da Crega e o tradicional xantar da Festa do Viño.
Ás 21.00 horas chegará a fin de festa co concerto de Pelepau sinfónico xunto á Banda de música Xuvenil de Barro nun novo espectáculo musical de alta calidade.