O Xuven cae na prórroga ante o Amics Castelló (85-93)
Por Redacción
Partido vibrante, de alternativas no electrónico e cun final non apto para cardíacos o vivido no pavillón do Pombal de Cambados entre Xuven e Amics Castelló que se decantou para o bando visitante na prórroga (85-93).
Os amarelos sobrepuxéronse a un gran primeiro cuarto do Amics (18-28) e lograron remontar tras o descanso nun terceiro período no que os de Yago Casal rozaron a perfección (27-11) para chegar con vantaxe aos últimos dez minutos (62-54).
A pesar desta renda o conxunto de Castelló logrou forzar unha prórroga na que o Xuven se desfondou para ver como o triunfo voaba de Cambados.
Alberto Rodríguez, con 24 puntos e 37 de valoración, foi o puntal no que se apoiaron os locais, que malia a derrota finalizan na novena posición a primeira volta na Adecco Prata, cun balance de cinco partidos gañados e sete perdidos.
XUVENTUDE CAMBADOS (85): Juanchi Orellano (9), Alberto Rodríguez (24), Wildner (8), José Luis Merino (12), Oubiña (4) -cinco inicial- Mamadou Diop (8), Lucas Vaquero (2), Juan Mato, Taylor García (15).
AMICS CASTELLÿ (93): Alberto Fernández (8), Ausina (12), Faner (13), Manu Rodríguez (17), Atoyebi (21) -cinco inicial- Archiles, Alvarado (12), Alegre (6), José María García (4).
Árbitros: Pazos Pazos e Martín Vázquez. Eliminados por faltas Wildner nos locais e Ausina e José María García nos visitantes.
Parciais: 18-28, 17-15, 27-11, 14-12, 9-17.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Pombal, Cambados.