O Club Acuático Umia completa co título de liga galega a súa mellor temporada da historia
Por Redacción
O Club Acuático Umia proclamouse club campión da Primeira División da Liga Galega Absoluta de Salvamento. Este novo éxito para o club caldense chegou no día de onte en Ourense, onde se celebraba a Fase Final desta liga.
O Umia foi o club máis regular toda a temporada, acadando un total de 1397 puntos por 1189 do Sysca, segundo clasificado, e 995 do Sal de Laracha, terceiro. O Club Salvamento Vilagarcía remataba en cuarta posición esta 0liga galega de inverno mentres que o Sada e o Arteixo eran os clubs que descendían a segunda división.
O Umia desprazou a esta última xornada a 27 deportistas (Ana Abal, Lidia Aboy, Laura Mirás, Carmen e Paula Fariña, Inés Barbeito, Claudia Riveiro, Celia Lima, Martina Regueira, Borja Álvarez, Diego Rodríguez, Hugo Loureiro, Martín Tenorio, Dani Andújar, Dani Naf, Martiño Mosquera, Cibrán Leal, Hugo Moreno, Manu Vilar, Álex Piso, Miguel Sánchez, Miguel Fariña, Abel González, Asier Ramos, Roi Paz, Óscar Pereiro e Dani Suárez) e contaba con destacadas baixas como a de Antía García, Xoel Teijeiro ou Ainoa Carracedo. Aínda así, logrou vencer con autoridade nesta derradeira xornada, cun total de 582 puntos, con máis de 130 puntos de diferencia sobre o seu gran perseguidor, o Sysca de Carballo.
O Club caldense venceu en tres das catro xornadas disputadas e rematou cun colchón de máis de 200 puntos sobre o segundo clasificado. A este gran éxito do club caldense nesta primeira edición do novo formato da Liga Galega Absoluta de inverno de clubs, con dúas divisións, ascensos e descensos, hai que sumar a espectacular temporada de augas pechadas que vén de realizar o Umia, campión autonómico alevín, juvenil, absoluto y máster, así como ganador do campionato galego de distancias curtas e da liga cadete-xuvenil.
"Son os mellores resultados da historia do club en temporadas de augas pechadas (piscina), ao que hai que sumar as medallas e récords galegos acadados no Campionato de España de Distancias Cortas, celebrado hai un mes en Valladolid", destacan desde la entidad.
O derradeiro obxectivo de piscina para o equipo de Caldas é o Campionato de España Open Absoluto, que se celebrará na cidade de Castellón no mes de maio e para o que o Umia desprazará a máis de 10 deportistas.
Por outro lado, A Real Federación Española vén de facer oficial a designación da Piscina Antía García para o X Campionato de España Máster, que terá lugar a fin de semana do 19 ao 21 de maio.
As probas de piscina completaranse con sesións de augas abertas na praia de Silgar (Sanxenxo). Esta desiganción é a segunda dun campionato de España que acada o Club Acuático Umia logo de organizar a pasada temporada o XXXVI Campionato de España infantil e cadete de piscina.
Relacionadas:
-
Éxito de participación e público no III Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal
Por Redacción |
-
Antía García agranda o seu palmarés con dúas pratas e tres bronces no Europeo de Salvamento
Por Redacción |
-
O Campionato de España Máster de Salvamento e Socorrismo dispútase esta fin de semana en Silgar
Por Redacción |
-
O Club Acuático Umia proclámase campión galego absoluto de salvamento en Ourense
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o Acuático Umia no nacional de salvamento de distancias curtas
Por Redacción |