Éxito de participación e público no III Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal
Por Redacción
O Club Acuático Umia despediu o ano 2023 ao grande, organizando con éxito o III Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal.
Preto de 300 deportistas de 15 clubs e todas as idades déronse cita na competición, deixando xunto ao público presente pequena unha instalación como a piscina municipal Antía García.
Despois dunha intensa xornada de competición e bo ambiente, o club local proclamouse vencedor do trofeo con 900 puntos tomando a substitución do campión de 2022, o Sysca de Carballo.
Destacada foi a presenza de varios deportistas internaconales coa Selección Española de Salvamento como Javier Huerga (SOS La Bañeza), o valenciano Javier Catalá Llinares ou Lara López, galega do Club Noja Playa Dorada, así como o campión nacional xuvenil Guillermo Revilla (Salvamento Benavente) que rozou o récord de España nos 50 metros rescate.
Por parte do Club Acuático Umia participaron máis de 30 deportistas, cun resultado para destacar como o novo récord galego absoluto alcanzado na remuda 4x25 arrastre por parte de Álex Piso, Hugo Varela, Martiño Mosquera e Daniel Suárez.
Relacionadas:
-
Antía García agranda o seu palmarés con dúas pratas e tres bronces no Europeo de Salvamento
Por Redacción |
-
O Club Acuático Umia completa co título de liga galega a súa mellor temporada da historia
Por Redacción |
-
O Club Acuático Umia proclámase campión galego absoluto de salvamento en Ourense
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o Acuático Umia no nacional de salvamento de distancias curtas
Por Redacción |