Baño de ouro do cadete Roi Fraga no Open de Holanda de Taekwondo
Por Redacción
O prometedor taekwondista do club Número Phi Roi Fraga acaba de conseguir un dos seus grandes logros da súa incipiente carreira deportiva. O pupilo da extaekwondista internacional Lúa Piñeiro, colgouse a medalla de ouro no Open de Holanda desta disciplina.
O deportista de Caldas presentábase na capital dos Países Baixos como vixente campión autonómico e sen maiores pretensións que conseguir puntos para escalar puntos no ranking de fronte ao próximo Open de España. Con todo, o seu concurso foi inmellorable.
Fraga foi superando roldas con notable solvencia ata presentarse na final, na que non lle tremeron as pernas e mantivo o mesmo nivel que nas roldas previas para facerse coa vitoria. Catro combates e catro vitorias que bastaron ao prometedor taekwondista para colgarse do pescozo a medalla de ouro.
Os próximos retos do cadete son os Open de España e un novo campionato galego nos que precisa outra boa actuación para competir no Campionato de España da categoría.