![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/79c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/63fb82e477-20230226-saiz-prinicpe-felipe-tm-monteporreiro-irun-1.jpg)
© Cristina Saiz
Novo triunfo do TM Monte Porreiro para seguir escalando posicións (4-1)
Nova vitoria ante a súa afección para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, que escala ata o sexto posto tras superar 4-1 ao Irun Leka Enea.
Con todo, da mesma forma que ocorreu na anterior xornada, o cadro Nando Fernández tivo que remontar un 0-1 en contra tras a derrota de Bentancor fronte a Simon Berglund.
A partir de aí o Monte Porreiro non tivo rival. Gastón Alto superou en tres xogos a Dani Ruiz, Vílchez gañou por 3-1 a Endika Díez, Gastón Alto repetiu o seu anterior resultado fronte a Simon Berglund e, no quinto e definitivo envite, Bentancor gañou 3-1 Endika Díez para sentenciar cun 4-1 global que deu a vitoria aos locais.
Grazas a este resultado, o cadro pontevedrés ascende á sexta praza con 16 puntos.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Imaxes do partido entre TM Monte Porreiro e Irún Leka Enea
Xornada 16 da Superdivisión Masculina de tenis de mesa entre o Monte Porreiro e o Irún Leka Enea
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O Monte Porreiro segue escalando posicións tras superar con contundencia o Sanse (4-0)
Por Redacción |
-
O Monte Porreiro suma a súa quinta vitoria consecutiva tras superar o Collado Mediano (2-4)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro prolonga a súa boa serie con triunfo en Parla (1-4)
Por Redacción |
-
Triunfo de ouro para o Monte Porreiro ante o Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Gran vitoria do TM Monte Porreiro ante o CTM Murcia (2-4)
Por Redacción |