Cinco xogadoras do Poio Pescamar disputarán o dobre amigable internacional entre España e Arxentina
Por Manu Otero
O bo rendemento do Poio Pescamar, que a pasada fin de semana derrotou ao invicto Futsi Atlético, vese recompensado coas presenza das súas xogadoras en convocatorias internacionais.
Cinco das súas futbolistas disputarán o dobre amigable programado para os días 14 e 15 de febreiro na Cidade do Fútbol de Las Rozas nos que se medirán España e Arxentina.
As cores da Roja defenderanos Sandra Buzón, Martita e Luci; mentres que os da Albiceleste luciranos Julia Dupuy e Agostina Chiesa.
Sandra Buzón (@sandra_8BC) únese a Martita (@maartitaa9) e Luci (@luci9_l) na selección española
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) February 6, 2023
Dobre amigable ante a Arxentina de @JuliaDupuy e @ChiesaAgostina. Cinco xogadoras conserveiras en dous partidos internacionais #PoioPescamar #25AnosDePoioFS #PoioSelección https://t.co/58OvkJa0Ga
Ale de Paz, do Marín Futsal, completa a representación pontevedresa para este partido internacional, que servirá como banco de probas para o Europeo de Debrecen (Hungría) do 17 ao 19 de marzo.
A convocatoria de Claudia Pons está composta polas porteiras Cristina García (STV Roldán) e Sandra Buzón (Poio Pescamar); as peches Mayte Mateo (STV Roldán), Ale de Paz (Marín Futsal) e Laura Córdoba (Atlético Navalcarnero); as alas Irene Samper (Burela), Peque (Burela), Luci Gómez (Poio Pescamar), Melli Piñeiro (Futsal Alcantarilla), Martita López-Pardo (Poio Pescamar), Antía Pérez (Burela); e a pivotes Vanessa Sotelo (Atlético Navalcarnero), Irene Córdoba (Atlétinco Navalcarnero) e Dany Domingos (Burela).
Relacionadas:
-
Dobre triunfo de España sobre Arxentina con sabor a conserva
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Poio Pescamar ante un combativo Móstoles (3-4)
Por Redacción |
-
Dez anos en Primeira e o Poio Pescamar xa senta na mesa dos grandes
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar derrota o líder Futsi Navalcarnero cun gol de Rocío no último minuto
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar regala un empate ante o Burela nos instantes finais (3-3)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal e o Poio Pescamar, entre os equipos femininos de alta competición incluídos no plan de patrocinio da Xunta contra a violencia de xénero
Por Redacción |