Empate sen goles entre Arosa e Deportivo Fabril na Lomba
Por Redacción
Arosa e Deportivo Fabril asinaron un empate sen goles na Lomba tras un partido no que a solidez defensiva foi a predominante.
De feito, ambos os equipos anuláronse en ataque, conscientes de que non podían conceder ningunha opción ao seu rival xa que calquera erro podía penalizalos, e é que o filial coruñés está líder da clasificación a só dous puntos do cadro arlequinado, o seu inmediato perseguidor.
Foi o Arosa con todo o que tivo a ocasión máis clara do partido que desbaratou Hugo Ríos. O Fabril, pola súa banda, puido inclinar a balanza ao seu favor na recta final, pero Manu Táboas blocó e o partido concluíu nun xusto 0-0.
AROSA SC (0): Manu Táboas, Santi Figueroa, Pacheco, Martín, Cotilla, Abel, Brais Vidal, Sylla, Javi Sandá, Julio Rey e Borja. Tamén xogaron Iñaki Martínez, Hugo Losada, Brais Pedreira e Hugo Barcia.
DEPORTIVO FABRIL (0): Hugo Ríos, Marc, Dani Barcia, Puerto, Iano Simao, Brais Val, Barba, Jairo, Nájera, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Jesús Ares, Iván, Iñaki e Rubén.
Relacionadas:
-
O Arosa mantenlle o pulso o Fabril con vitoria ante o Alondras (0-2)
Por Redacción |
-
Vitoria pola mínima do Arosa en casa dun Paiosaco peleón (0-1)
Por Redacción |
-
Martín Sánchez culmina a remontada do Arosa contra o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Empate agridoce na Lomba entre Arosa e Villalbés (1-1)
Por Redacción |