A Gimnástica clasifícase para a Copa do Rei de Atletismo por terceiro ano consecutivo
Por Redacción
A Federación Española de Atletismo confirmou a relación de equipos que participarán na próxima edición da Copa do Rei, competición en pista cuberta que reúne os oito equipos con mellor ránking nacional.
Alí estará a Sociedad Gimnástica de Pontevedra por terceiro ano consecutivo, despois de que o estadillo de marcas o sitúe como cuarto equipo masculino con mellor ránking con 12.015 puntos.
Tras o cuarto posto de 2011 e o quinto de 2012 o club lerezano intentará loitar polo podio nun torneo que no que os principais favoritos son a Barcelona e o Playas de Castellón, sendo o terceiro en discordia por ránking o potente Marathon de Madrid.
Completan o cartel da competición, que se disputará en Valencia o próximo 25 de xaneiro, o Fent Cami de Valencia, Scorpio de Zaragoza, Unicaja de Málaga e o Tenerife.
A parte complicada para a entidade presidida por Ramón Touza será buscar financiamento para un evento que non entraba no presupostado para a tempada.
OITAVO ANO NA DIVISIÿN DE HONRA
As previsións da Gimnástica para a súa oitava tempada na División de Honra masculina de atletismo son máis que positivas.
Os técnicos do club esperan que o ránking provisional dos 16 equipos da máxima categoría lle sitúen tamén no cuarto lugar, o que lle faría evitar os tres mellores clubs do curso pasado, Playas de Castellón, Barcelona e Marathon, na primeira xornada da competición.
Esta situación, a priori, facilitaría o camiño para intentar meterse na última xornada de loita polo título, unha final na que os pontevedreses xa estiveron presentes en 2011.